Pasividade total do goberno municipal ante a aparición de novos vertedoiros incontrolados

Dende o BNG de Moraña  queremos denunciar a aparición de moitos puntos que se están convertendo en vertedoiros incontrolados polo territorio do noso concello. De feito observamos (engadimos aquí a imaxe de un deles preto do núcleo urbano de Santa Lucía)Verquido incontrolado que son varios os puntos onde están a aparecer escombros e outros materiais que precisan dunha xestión axeitada.

Todo isto débese á falta de acción do goberno municipal do PP, pois hai unha moción do BNG aprobada por unanimidade pola Corporación Municipal para a construción dun punto limpo. Ademais disto tamén se promoveu polo BNG unha moción a favor dunha Moraña limpa, na que se solicitaba promover e desenvolver unha campaña a favor dunha Moraña limpa, directrices, concienciación, corresponsabilidade da cidadanía, etc…

Por todo iso, o BNG lémbralle ao goberno municipal a necesidade dun punto limpo en Moraña para unha boa xestión dos residuos que se poidan xerar. Non obstante, tamén lle reclamamos ao goberno que hai que poñer en marcha medidas complementarias e activas a prol do medio ambiente e control dos residuos voluminosos.

Ante a necesidade de dar respostas para unha xestión axeitada dos residuos voluminosos e perigosos (materiais de construción, electrodomésticos, pinturas, etc…), e evitar vertedoiros incontrolados no noso concello, desde o BNG cremos que hai que ofrecerlle aos comerciantes, empresarios e cidadáns en xeral a posibilidade dunha xestión axeitada de determinados residuos, polo que cremos que o goberno municipal ten que traballar neste eido para conquerir un concello cuxa xestión dos residuos sexa a mellor. Cuestión que desde o BNG vimos demandando desde sempre.

A prensa fíxose eco da nosa denuncia sobre a Carballeira da Feira Vella

Recompilámosvos aquí toda a información  que publicou a prensa sobre a noticia que adiantábamos hai unha semana arredor dos plans do PP de Moraña de asfaltar a Carballeira da Feira Vella. Como podedes ver nos enlaces e recortes que vos adxuntamos a continuación a prensa fíxose bastante eco desta noticia así como da nosa posición ao respecto e tamén arredor da  moción que vimos de presentar no concello sobre esta cuestión.

Por suposto, continuaremos traballando para que este plan non se chegue a facer efectivo, e a Carballeira continúe a ser un espazo cun gran valor mediambiental paisaxístico e natural. 

 

O BNG rexeita a reforma da Carballeira na Feira Vella de Moraña. Faro de Vigo

–  O BNG de Moraña censura que o concello asfaltará unha carballeira  Faro de Vigo 

O BNG denuncia que se quere asfaltar a Carballeira Vella – La Voz de Galicia

lavozdegaliciacarballeirafeiravella

O BNG teme que vaian asfaltar unha Carballeira e a aldesa afirma que só será o acceso.   Diario de Arousa diariodearousacarballeiravellaBNG

 

 

 

 

O PP de Moraña pretende asfaltar unha Carballeira no núcleo de Sta. Lucía

planocarballeirastalucia-page-001 (1)

 O pasado mes de xullo coñeciamos polos medios de comunicación que a Deputación de Pontevedra concedía 61.000 € ó Concello de Moraña para urbanizar e contruir aparcadoiros no contorno do Centro de Saúde de Santa Lucía.

Consultado o expediente da citada axuda e o correspondente proxecto atopámonos con que a actuación consiste no asfaltado directo da coñecida como Carballeira da Feira Vella.

O BNG considera esta actuación un despropósito e unha agresión directa a un entorno que entendemos precisa doutra actuación de recuperación e preservación polo seu valor medioambiental, paisaxístico e natural, ao tratarse dunha carballeira que mantén carballos en bo estado e de bo porte. Unha das poucas carballeiras integradas e próximas ao espazo urbano de Santa Lucía que precisa dunha protección absoluta e de cuidados exquisitos para manter este patrimonio ambiental que nos deixaron os nosos antepasados.

O PP de Moraña segue coa súa política de chapapote para todo, sen estudar outras alternativas ou posibilidades de actuación para un entorno como ó da Carballeira da Feira Vella. Lamentablemente esta é a política urbanística do PP, sen ideas, sen respecto polo medio ambiente, e sen reparo en tirar co asfalto polas carballeiras, mentres outros camiños seguen a manter unha deficiencias inaceptables.

O BNG considera necesario redifinir o proxecto e as actuacións a levar a cabo no entorno da Carballeira da Feira Vella, precisamente para non cair nos graves erros que xa se teñen cometido no noso concello ao asfaltar carballeiras e outros espazos de valor ambiental.

Alén disto, o BNG cuestiona esta actuación porque no PXOM vixente na zona na que se propón actuar está clasificada como ordenanza 5 (ZONA VERDE). Polo que entendemos non se pode admitir o asfaltado indiscriminado desta zona. Ademais non se pode pasar por alto que no PXOM aprobado inicialmente pola Corporación Municipal (co voto en contra do Grupo Municipal do BNG) incorporase a citada carballeira ao Solo Urbanizable non delimitado ( SUDN-01) para desenvolver no futuro, polo que dadas as circunstancias de trámite do PXOM sería unha actuación absolutamente irregular promovida polo propio Concello dado que a anuncio da aprobación do novo PXOM (DOG 3/2/2014) establece a suspensión de licenzas nos ámbitos en que as determinacións do novo planeamento supoñan modificación da ordenación urbanística vixente.

Ante esta circunstancia o BNG vai promover unha moción ante a Corporación Municipal do Concello de Moraña para instar ao goberno municipal para que rectifique a proposta de asfaltado da Carballeira que figura no proxecto e para que se estuden outras alternativas, ademais de solicitar un informe dos servizos municipais para que acrediten a cabida da actuación ao abeiro da normativa urbanística aplicable.

 

A prensa recolle a nosa denuncia sobre o ocorrido na Festa da Bicicleta

Agradecendo o eco que se fai o Faro de Vigo da nosa última nota de prensa queremos aclarar que o que tachamos de electoralista, partidista e clientelar foi o acto político (aquí a nota de prensa no noso perfil de Facebook) dese sábado pola mañá con Rafael Louzán e outros cargos do PP na rotonda da Chochiña namentres se estaba a celebrar a tradicional festa da Bicicleta, o que obrigou a ter que ausentarse da devandita festa a diverso persoal da organización e seguridade a ese acto mermando dese xeito gravemente a seguridade e poñendo en risco a tódolos/as participantes da mesma.

—————————

Faro de Vigo 07/08/2014

“El BNG morañés criticó la mala organización de la Fiesta de la Bicicleta que se celebró durante el pasado Carneiro ó Espeto. Los nacionalistas tildan de “electoralistas” la organización del evento, cuya organización recayó en la Diputación Provincial en otras ediciones. Hubo participantes que se perdieron y coches que se cruzaron varias veces con los participantes, teniendo en cuenta que la mayoría son niños”, señaló el portavoz municipal del BNG, Marcos Suárez. Situaciones calificadas como “muy graves” por los nacionalistas y que “no deberían producirse en ningún caso.”

Enlace á nova aquí

 

Asemblea aberta en Moraña o martes 22

ASEMBLEA ABERTA EN MORAÑA O 22 DE XULLO.

O BNG de Moraña inicia, cunha Asemblea Aberta o vindeiro martes 22 ás 21h na casa de cultura Castelao,  unha serie de accións co obxectivo de establecer espazos estables de colaboración e Asemblea Aberta 22Xinteracción coa súa base social e con outros sectores que cren que é necesaria unha alternativa á realidade política que nos rodea. Un proceso amplo de contraste e diálogo social, que permita ensanchar e reforzar no ámbito local a alternativa nacionalista.

Varios son os obxectivos que tratamos de conseguir e que van depender, en todo caso, da participación da veciñanza neste foro morañés de opinión e debate:

1. Recoller ideas e inquedanzas para responder de maneira moito máis forte ao ataque sistemático contra os dereitos sociais e ao retroceso democrático.

2. Trasladar tamén as preocupacións do BNG e o seu empeño por conseguir instrumentos decisorios que nos permitan atender os numerosos conflitos sociais existentes neste momento no país, e que por suposto, tamén alcanzan ao noso Concello e á nosa veciñanza.

3. Establecer fórmulas de relación que nos permitan escoitar as mensaxes da sociedade de xeito directo e constante.

4. Crear espazos de colaboración estables con persoas e colectivos conscientes, abertos á reivindicación, á participación na vida pública, apostando pola dignificación da política e a necesidade de nos organizar. Sabedores de que entre todos e todas podemos mudar as cousas paso a paso, coñecendo os problemas de primeira man, artellando instrumentos para afrontalos e buscando solucións. Tendendo pontes de traballo coa intención sempre de acadar entendementos.

5. Planificar accións conxuntas arredor de temas de interese na localidade ou recoller propostas.

6. Que os veciños e veciñas de Moraña dispoñamos dun lugar de encontro, opinión, debate ou protesta onde sermos escoitados e tidos en conta.

7. Calquera outro que a asistencia teña a ben trasladar ou considere oportuno en función do desenvolvemento da Asemblea.

Por todo isto, consideramos moi importante e enriquecedor conseguir unha ampla participación que poña en marcha a maquinaria e nos permita afrontar conxuntamente a realidade e o futuro de Moraña con máis forza e ilusión.

Eva Villaverde (R.L. do BNG-Moraña)

Celebrado o pleno do mes de xullo

O pleno ordinario do mes de xullo e celebrado onte xoves  tratou varios puntos de trámite entre os cales se atopaban a Conta Xeral do Presuposto de 2013 ou a ordenanza de saneamento integral nos cales amosamos o noso punto de vista crítico e coherente dende sempre que se trataron eses temas xa que, con respecto á Conta Xeral se trataba dun trámite puramente administrativo neste pleno, non podemos votar a favor cando non estivemos da cordo cos orzamentos de 2013 e tampouco en como se xestionaron.

Outro punto tratado no pleno foi a presentación para aprobación das Bases para a concesión de subvencións a asociacións culturais. De novo, e mantendo o voto da comisión de cultura, votamos en  contra destas bases porque cremos que xa está ben de recortes, non imos apoiar que se conxele esta partida económica por segundo ano consecutivo e cremos que a aposta pola cultura e polo tecido asociativo de Moraña ten que ser maior, e non menor nestes tempos.

Na Rolda de rogos e preguntas a nosa concelleira Eva Villaverde fixo varias preguntas e rogos ó goberno municipal sobre estes temas (en vindeiros post ampliaremos a información sobre este apartado):

1.- Tasazo de Sogama

2.-  Apertura das instalacións deportivas no verán

3.- Necesidade de apertura do comedor escolar no verán

4.-  Escultura da Rotonda (sen luz na rotonda)

5.-  Presuposto da Festa do Carneiro ó Espeto

6.-  Perfís nas Redes Sociais ligados á Festa do Carneiro

7.-   Presenza mínima da música e cultura galegas na Festa

8.-  Programa Running Rias Baixas da Deputación

O BNG-MORAÑA esixe ao PP a presentación dos orzamentos (prensa)

Faro de Vigo, 3 de xullo.

“El grupo del BNG de Moraña advierte al gobierno local que la presentación de los presupuestos del año 2014 llevan un retraso de seis meses.Al mismo tiempo, el partido de la oposición imputa al concello falta de capacidad de trabajo, iniciativa y gestión; además de acusarles de mentir, ya que, según los nacionalistas, la alcaldesa se comprometió a presentar dichos presupuestos en el pasado mes de marzo. (ler máis)

BNG-Moraña na Prensa (xullo)

 

O PP propón un auténtico golpe de estado

A proposta do presidente do PP, Mariano Rajoy, de “elección directa de alcalde” implica “a negación do pluripartidismo coa intención de impoñer a ditadura da minoría fronte á maioría social que vota nas urnas a forzas políticas que poden pactar entre elas para gobernar un concello con total lexitimidade”, en palabras do portavoz nacional, Xavier Vence.

“A lista máis votada pode ser minoría nunha cámara cunha pluralidade de partidos e entón, con que apoios vai gobernar un alcalde que estea en minoría na cámara municipal?”, pregúntase Vence, quen lembra que o réxime electoral español non é presidencialista.

“Son as cámaras lexislativas e municipais as que elixen quen ocupa a Presidencia e quen ocupa a Alcaldía, tamén a través de pactos democráticos e lexítimos entre diferentes forzas políticas. Sería inconcibible que o PP cambiase unilateralmente este principio en beneficio propio”, alegou.

“O democrático é que o Alcalde e o goberno do Concello conte co respaldo da maioría social, sexa esta expresada a través dun ou en varios partidos”, afonda Vence. “O voto dunha persoa ten o mesmo valor, tanto se vai a lista máis votada como se vai a outras opcións que sumadas constitúen unha maioría social”, recalca Vence, quen salienta que chegar a pactos “é unha práctica non só democrática senón politicamente saudable”. (Ler máis)

O noso traballo

MarcosMarcos Suárez Redondo.

Voceiro municipal do BNG-Moraña.

 

Ás mulleres e homes do BNG de Moraña interesádesnos por riba de todo @s veciñ@s. Interésan@s axudarvos, resolver os vosos problemas e inquedanzas e afondar no voso benestar e na mellora dos servizos que precisades e utilizades. Por iso o BNG de Moraña  é a forza política, a moita distancia das demais, que máis iniciativas está a presentar no noso concello a través de mocións, preguntas, interpelacións, etc…todo isto cun único obxectivo:  defender os intereses xerais de veciños e veciñas do noso Concello.

Non obstante preocúpanos a falta de talante democrático da Alcaldesa de Moraña e do seu goberno municipal, que incumpre sistematicamente os acordos plenarios, porque moitas das mocións do BNG aprobadas nas sesións plenarias (incluso algunhas votadas polo PP) non se cumpren pola inacción do goberno municipal. Seguir lendo O noso traballo

Presentamos por rexistro batería de preguntas ao goberno municipal

Tal e como indicou o noso portavoz Marcos Suárez no pleno do pasado venres, entregamos por rexistro unha serie de preguntas realizadas no pleno do pasado venres. Presentamos un total de 11 preguntas de temas tan importantes como os orzamentos, o PXOM, as actuacións musicais (e o escurantismo e mentiras arredor delas) da vindeira edición da festa do Carneiro ó Espeto, sobre o estado das estradas de Santa Xusta e a de Mane-Cornide ou as obras de enganche e saneamento en Sabadín entre outras cuestións.

Por suposto, agardamos unha resposta rápida, seria e convincente por parte da Alcaldesa e do seu grupo de goberno no menor tempo posible. Adxuntámosvos as 11 preguntas e aproveitamos para convidarvos a que lle botedes unha ollada. No caso de que teñades algunha dúbida, suxerencia ou pregunta ao respecto ou sobre calquer outra cuestión ou preocupación facédenola chegar cando precisedes.

Preguntasplenoxuño2014pax2 rogosepreguntasplenoxuñopax1

 

Web do Bloque Nacionalista Galego de Moraña