Todolos artigos de: Marcos Suarez

2014: un ano máis construíndo un futuro mellor para Moraña

Marcos Suárez RedondoMarcos

Voceiro Municipal do BNG-Moraña

————————————

Durante o 2014 os homes e mulleres que formamos parte do BNG de Moraña participamos activamente da vida social, cultural e política do noso concello e estivemos a carón d@s veciñ@s visitándoos nas parroquias e celebrando diversos actos abertos sobre cuestións e problemáticas que afectaban ao conxunto dos habitantes do noso concello.

Máis alá do imprescindible traballo na rúa e nas parroquias o BNG de Moraña foi,  un ano máis e con moita diferencia, o grupo municipal que máis actividade e traballo desenvolve nas comisións e plenos municipais e practicamente o único que presenta iniciativas e propostas nestas sesións. Cómpre salientar que durante o xa rematado 2014 o goberno municipal tan só convocou 7 plenos, 6 ordinarios e un extraordinario, nos cales presentamos   16 mocións e un total de 74 preguntas, iniciativas, demandas e solicitudes arredor dos máis diversos aspectos de control ao goberno e tamén de problemáticas e outras cuestións que afectaban aos veciños/as. Seguir lendo 2014: un ano máis construíndo un futuro mellor para Moraña

O noso traballo

MarcosMarcos Suárez Redondo.

Voceiro municipal do BNG-Moraña.

 

Ás mulleres e homes do BNG de Moraña interesádesnos por riba de todo @s veciñ@s. Interésan@s axudarvos, resolver os vosos problemas e inquedanzas e afondar no voso benestar e na mellora dos servizos que precisades e utilizades. Por iso o BNG de Moraña  é a forza política, a moita distancia das demais, que máis iniciativas está a presentar no noso concello a través de mocións, preguntas, interpelacións, etc…todo isto cun único obxectivo:  defender os intereses xerais de veciños e veciñas do noso Concello.

Non obstante preocúpanos a falta de talante democrático da Alcaldesa de Moraña e do seu goberno municipal, que incumpre sistematicamente os acordos plenarios, porque moitas das mocións do BNG aprobadas nas sesións plenarias (incluso algunhas votadas polo PP) non se cumpren pola inacción do goberno municipal. Seguir lendo O noso traballo

O novo blog do BNG de Moraña

MarcosComo Portavoz Municipal do BNG douvos a benvida a este espazo que creamos na rede coa finalidade de transmitir o noso traballo, as nosas opinións e tamén de informarvos de primeira man arredor da actualidade do noso Concello.

Alén da nosa activa presenza na rede social Facebook, cun perfil que supera xa os 500 “amigos” e dende o cal ata o de agora colgabamos toda a información dos plenos, actualidade, novas, etc, queremos que esta nova ferramenta que poñemos dende hoxe á vosa disposición se constitúa nun lugar para o diálogo e interlocución con tod@s @s veciñ@s de Moraña. Unha ferramenta na que se visualice sinteticamente o traballo que o BNG fai a cotío en Moraña, xa sexa no ámbito institucional ou tamén no político e social. Agardo polo tanto, que este espazo virtual sexa unha contribución útil para facer unha Moraña mellor e con FUTURO. Seguir lendo O novo blog do BNG de Moraña