Pasividade total do goberno municipal ante a aparición de novos vertedoiros incontrolados

Dende o BNG de Moraña  queremos denunciar a aparición de moitos puntos que se están convertendo en vertedoiros incontrolados polo territorio do noso concello. De feito observamos (engadimos aquí a imaxe de un deles preto do núcleo urbano de Santa Lucía)Verquido incontrolado que son varios os puntos onde están a aparecer escombros e outros materiais que precisan dunha xestión axeitada.

Todo isto débese á falta de acción do goberno municipal do PP, pois hai unha moción do BNG aprobada por unanimidade pola Corporación Municipal para a construción dun punto limpo. Ademais disto tamén se promoveu polo BNG unha moción a favor dunha Moraña limpa, na que se solicitaba promover e desenvolver unha campaña a favor dunha Moraña limpa, directrices, concienciación, corresponsabilidade da cidadanía, etc…

Por todo iso, o BNG lémbralle ao goberno municipal a necesidade dun punto limpo en Moraña para unha boa xestión dos residuos que se poidan xerar. Non obstante, tamén lle reclamamos ao goberno que hai que poñer en marcha medidas complementarias e activas a prol do medio ambiente e control dos residuos voluminosos.

Ante a necesidade de dar respostas para unha xestión axeitada dos residuos voluminosos e perigosos (materiais de construción, electrodomésticos, pinturas, etc…), e evitar vertedoiros incontrolados no noso concello, desde o BNG cremos que hai que ofrecerlle aos comerciantes, empresarios e cidadáns en xeral a posibilidade dunha xestión axeitada de determinados residuos, polo que cremos que o goberno municipal ten que traballar neste eido para conquerir un concello cuxa xestión dos residuos sexa a mellor. Cuestión que desde o BNG vimos demandando desde sempre.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.