Celebrado o pleno de xuño de 2014

O pleno celebrado onte á noite nas dependencias municipais comezou co acordo sobre a conxelación do prezo do lote do carneiro (será o mesmo do ano pasado) e tamén a apertura da piscina municipal para o 15 de xuño (informando tamén de que onte mesmo se producira a selección entre as ofertas presentadas para a súa concesión durante os vindeiros 3 meses).

                     

                                                 MOCIÓNS
Unha vez máis, e xa van moitas, o noso grupo foi o único que presentou mocións para debater e solucionar problemas e demandas dos veciñ@s. Dende o BNG-MORAÑA presentamos unha moción para a mellora do vial EP-0018 e que foi defendida polo noso por tavoz Marcos Suárez quen explicou o estado no que se atopa e lembrando que esta mellora é unha demanda veciñal fundamental xa que o estado da carretera continúa a constituír un serio perigo non só para veciños senón tamén para os usuarios da mesma. A moción, que se aprobou por unanimidade demanda o seguinte:

1. Solicitarlle ao Servizo de infraestruturas da Deputación de Pontevedra que revise a sinalización do vial EP-0018 e adopte e instale as medidas para mellorar a seguridade para os peóns.

2. Solicitarlle ao Servizo de Infraestruturas da Deputación de Pontevedra que estude a posibilidade colocar os pasos de peóns necesarios nas zonas habitadas.

Alén disto, dende o BNG presentamos por vía de urxencia unha moción contra a monarquía e a prol dun proceso constituínte de ruptura democrática ao abeiro de todo o que está a ocorrer estes días. Tedes toda a información ben detallada neste enlace do noso perfil do facebook . Cabe destacar que se ben, a moción non foi aprobada, consideramos moi positivo que se conseguise debater sobre este feito de actualidade e que quedase clara a posición de cada grupo político a respecto da forma de organización do estado e do papel da anacrónica monarquía.

                                 

                                          ROGOS E PREGUNTAS
Ante a solicitude da alcaldesa de que se lle enviasen as preguntas e rogos “por escrito” dende o BNG aceptamos e anunciamos que as presentariamos por rexistro canto antes agardando, iso si, unha resposta rápida e seria. O noso portavoz Marcos Suárez fixo un pequeno resumo no pleno das preguntas que presentaremos por rexistro entre as cales se atopan (enlace aquí).

Novo Pleno Ordinario este venres ás 21:30h

[CONVOCADO UN NOVO PLENO ORDINARIO PARA ESTE VENRES ÁS 21:30H]

Este  venres día 6 de xuño terá lugar nas dependencias do concello un novo pleno ordinario a partir das 21:30h.

O BNG-MORAÑA presenta unha moción  pola mellora da seguridade no vial provincial EP-0018 que pasa pola parroquia da Amil. Lamentablemente, volvemos  constatar, un mes máis, que o noso é o único grupo da oposición que continua presentando mocións para mellorar a situación, calidade de vida e servizos dos veciños.

Adxuntámosvos a convocatoria do pleno cos puntos da orde do día e así mesmo a nosa moción.  Lembrámosvos que estaredes puntualmente informados de todo o que ocorra neste pleno  no noso perfil de FacebooMOCION BNG MELLORA SEGURIDADE VIAL EP.0018-page-001k.

Convocatoria pleno 6 xuño

CO BNG, GALIZA SEGUE PRESENTE NA UE. GRAZAS!!!!

[A pesar de tódalas trabas, censuras e demais o BNG CONSEGUÍU O SEU OBXECTIVO: levar de novo ao Parlamento Europeo á nosa deputada Ana Miranda]


Con respecto ao noso concello: o BNG colleitou 229 votos , o que constitúe un 13,15%, subindo máis de 3 puntos e 50 votos con respecto ás Europeas de 2009. En liñas xerais, os resultados  en Moraña foron especialmente positivos para o BNG xa que:
 

  • O BNG é o único partido que sube en porcentaxe e número de votos (un 20% máis con respecto ás eleccións de 2009) conseguindo un 13,15% de apoios subindo en máis de 5 puntos a media nacional do BNG.
  • Das 8 mesas electorais, subimos en número de votos en 6 de elas, o que consideramos como un gran resultado.
  • O PP e o PSOE sufren unha baixada significativa de votos e porcentaxe de apoio, que, se ben é certo que é menor no PP, non deixa de ser significativo que (no contexto actual) o Partido do goberno perda apoios entre @s veciñ@s. Pola súa banda, o PSOE colleita o peor resultado da súa historia no concello de Moraña.

 
Os resultados finais en Moraña foron (entre paréntese os resultados de 2009):
 
BNG: 229 (188)
PSOE: 415 (681)
PP: 776 (791)
AGE: 75
PODEMOS:  49
UPYD: 36
CxG: 23
EB: 16
Nulos: 78
Branco: 41
 
 
Moitísimas grazas, unha vez máis, ás 229 persoas que confiaron no BNG. Continuaremos traballando con máis intensidade e gañas, se cabe, por e para tod@s @s nos@sveciños.  Como ben podes comprobar, hai moito que facer polo noso concello,  así que actívate, non quedes na casa!:  contacta e colabora con nós. Por unha MORAÑA CON FUTURO!.

LEVEMOS DE NOVO A ANA MIRANDA A BRUXELAS. VOTA BNG!

Dende o BNG-MORAÑA queremos agradecer a tódalas persoas que vos achegastedes (en moi bo número) aos mitins de Amil e de Santa Lucía, e en xeral a boa acollida que tivo a nosa campaña de reparto e información en tódalas parroquias de Moraña para levar  de novo a Bruxelas a Ana Miranda.

VOTA BNG!

Agora queda o máis importante, votar o domingo, e votar por quen máis lles doe ós que nos rouban, aos ladróns, e ese voto non é outro que o do BNG!. 

VOTA BNG!

A J.E.C. borra ao BNG dos informativos da CRTVG

STOP censura

A Xunta Electoral Central dálle a razón a UPyD e borra ao BNG dos informativos dos medios de comunicación públicos galegos, -RTVG-, onde tiña asignados 27 segundos dentro do espazo de cinco minutos que a TVG e RG adican ás eleccións europeas en cada telexornal e informativo radiofónico, seguindo o plan de cobertura informativa das eleccións europeas 2014aprobado polo Consello de Administración do ente público.

Con esta decisión, a Xunta Electoral Central amordaza definitivamente ao Bloque Nacionalista Galego e silencia tamén aos 103.724 galegos e galegas que votaron esta opción política nos comicios europeos de 2009, argumentando que eses sufraxios non deben ser tidos en conta debido ao cambio de coalición electoral e, a efectos de cobertura informativa nos medios públicos, o BNG debe recibir o mesmo trato que se nunca se tivese presentado.

Sen embargo, as formacións ERC, Aralar e EA, socios do BNG la coalición coa que se presentou en 2009 ás europeas,- contabilizan os votos obtidos nos seus respectivos territorios e, por tanto, teñen a cobertura que lles corresponde nos medios públicos de Catalunya e Euskadi.

A supresión do BNG dos informativos dos medios públicos galegos súmase á outra decisión do XEC na que tamén se discrimina a candidatura que encabeza Ana Miranda nos espazos electorais gratuítos da RTVG, onde recibe 10 minutos, fronte aos 15 minutos de UpyD, pese a que a formación de Rosa Díez con 14.428 votos (1,24%), é irrelevante en Galiza desde o punto de vista do apoio social.

O BNG xa anuncia accións legais e mañá realizará un acto de protesta na praza do Obradoiro en Santiago de Compostela.

Máis información aquí 

ACTO PÚBLICO DO BNG EN SANTA LUCÍA

Acto público Moraña

 

[Mitin do BNG  en Santa Lucía]

Xoves 22 de maio ás 21 horas na casa da cultura Castelao

Falarán: 

Manuel Giménez (Técnico da cooperativa “Monte Cabalar”
Rubén Fernández (CIG-ENSINO)
Marcos Suárez (Portavoz municipal)
Xesús Dominguez (portavoz d@s afectados polas preferentes e candidato do BNG)
Carme da Silva (Concelleira en Pontevedra. Membro do consello nacional)

Achégate ata a casa da cultura e difunde este acto público do BNG!. Máis info no evento de facebook.

[SEMÁFOROS].-Unha vez máis o traballo do BNG dá os seus froitos

Unha vez máis o noso traballo da os seus froitos. Neste caso, e 48 horas despois de que dende o BNG-MORAÑA fixésemos pública a denuncia sobre o defectuoso estado dos semáforos do núcleo de Santa Lucía e solicitaramos con carácter de urxencia  ao goberno municipal o seu inmediato arranxo a Alcaldesa asegura na prensa (Faro de Vigo) que “se arreglarán esta semana”.

Na extensa lista de escusas coas que o goberno municipal do PP intenta tratarn@s como parv@s e esconder a súa falta de traballo e resolución dos problemas d@s veciñ@s podemos engadir dende hoxe unha nova, i é que a Alcaldesa dixo que “os técnicos municipais xa levan traballando nos semáforos UN MES e hoxe comezarán a reparalos”. Desta volta temos que escoitar que a responsabilidade é dos técnicos. É ben difícil de crer que se precisen 30 días para atopar un problema técnico, semella unha excusa para TAPAR que ela (Alcaldesa) e o seu GOBERNO estiveron un mes sen facer NADA a este respecto sabendo ademais o grao de perigosidade que conlevan os semáforos pechados neste cruce?.

Desgraciadamente, que a Alcaldesa e o seu goberno municipal fagan o seu traballo logo de que llo solicite o grupo municipal do BNG non é unha curiosa coincidencia, é un feito contrastado e denunciado por nós en varias ocasións. Esta é a realidade do goberno municipal de Moraña.

POR ISO SOMOS NACIONALISTAS

Eva Villaverde
Eva Villaverde

Estamos nun momento difícil: de ataques, de roubos, de prohibicións, de recortes, de desinformación, de imposicións…
Un momento no que homoxeneizar e igualar parece que é virtude: as linguas, as culturas, as persoas, as mensaxes… e tamén as organizacións política Un momento no que interesa conducir ás persoas cara ao pensamento único, cara á idea de que só existe unha saída, de que só vale unha maneira de facer as cousas, de que non hai alternativas, de que non hai ideoloxías, de que fóra deste pensamento está o abismo…

Pero non vos deixedes enganar. Isto non é de agora. Isto é unha estratexia de longo percorrido cuxo obxectivo non é outro que o de manter o status quo, o de seguir no poder para manexar as marionetas que gobernan en beneficio duns poucos. Unha maneira moi doada de conseguir que a cidadanía encha os petos dos poderosos a costa dos seus propios, a costa da fame e precariedade da maioría, pero autoconvencidos de que o fan en exercicio da súa propia liberdade e da democracia, ou cando menos, en ausencia de conflito, porque “total, dá igual…” Seguir lendo POR ISO SOMOS NACIONALISTAS

Web do Bloque Nacionalista Galego de Moraña