O Goberno municipal: sen solucións ante os problemas provocados polas choivas

Nota de prensa recollida polo Faro de Vigo, 4 de novembro de 2014 (enlace aquí):

“El BNG de Moraña culpa de las inundaciones de la explanada de Mos y de las escorrentías en la carballeira de Santa Lucía al gobierno municipal liderado por María Luisa Piñeiro, por “a sua pasividade e falta de planificación”.

Inunciacións Carballeira-Mos

Su portavoz, Marcos Suárez, apunta que “cada vez que chove un pouco, a explanada de Mos vese inundada e o vial de acceso aos núcleos de Mos e Casiñas impracticable. Co agravante ademáis de que é o vial onde se colocan os postos os días de Feira”.

Igual situación, según los nacionalistas, padece la carballeira de Santa Lucía, cuyas actuaciones son sufragadas “cos cartos de todos e non resolveron os problemas de escorrentías cada vez que chove, polo que a auga pluvial discorre cara a estrada e gasoliñeira do centro urbano de Santa Lucía, e mesmo depositando sobre a estrada comarcal xabre e terra”.

El BNG ya cuestionó en su día las actuaciones hechas en la carballeira de Santa Lucía, teniendo en cuenta además que hubo empresas que ofertaban y consideraban como fundamental la actuación de recogida de aguas pluviales.

Por otra parte,el BNG ya presentó ante la Corporación una moción para buscar solución y actuar sobre las inundaciones de la explanada de Mos. .

Desde el BNG instan al gobierno municipal del PP en Moraña, para que “traballe de maneira urxente na busca de solucións acaídas aos problemas que provoca a choiva nestes dous puntos do entorno de Santa Lucía de Moraña”.

 

Preguntas, demandas e suxestións do BNG no pleno de outubro

No pleno do pasado mes de outubro fixemos un total de 14 preguntas, demandas e suxestións ao goberno municipal  que nos achegaron moit@s veciñ@s sobre diversos temas de importancia en varias parroquias e lugares do noso concello . Deixámosvos aquí a relación das 14 interpelacións ao grupo de goberno do PP:

  1. ESTADO DO SANEAMENTO

Queremos ver o informe sobre o saneamento, que a Alcaldesa prometeu (outra mentira máis) que ía estar no mes pasado. A este respecto queremos engadir a denuncia polos malos cheiros habituais dende hai un tempo en Santa Lucía, supoñemos que por mor do estado do saneamento. Preguntámoslle ao goberno municipal se vai tomar algunha medida ao respecto.

  1. CATASTRAZO

Queremos saber como vai incidir en Moraña?, Que suba se prevé do IBI?

  1. PARQUE DE CAMPENLOS

Preguntamos que ocorreu coa Tirolina, e que danos ocasionou. Tamén comprobamos unha grave falta de XESTIÓN E MANTEMENTO deste lugar,  xa que hai ramas colgando, o que consideramos un grave perigo para o conxunto de veciñ@s.

4. CUSTE REAL DA COLOCACIÓN DO CONXUNTO ESCULTÓRICO

Queremos que  nos digan públicamente os custes exactos da colocación deste conxunto escultórico. Continuamos a agardar a que nos amose o custe real, que xa sabemos que foi de 7600 euros.

5. LIMPEZA PERÍMETRO DO CPI

Xa lle solicitamos en anteriores ocasións e de xeito máis informal a limpeza do perímetro do CPI Santa Lucía. O goberno municipal continúa sen facernos caso, e as consecuencias do estado deste perímetro pódense observar claramente.

6. LIXO ACUMULADO DESPOIS DAS FEIRAS

Solicitamos que se adopten medidas urxentes para que non quede lixo no vial de acceso a Mos e Casiñas os días de feiras.

7.- SENDA PEONIL DO BUELO-ALBERGUERÍA

Comprobamos unha vez máis que ao goberno municipal pouco lle interesa a seguridade vial. Comprobamos de novo que esta senda non estaba limpa, aparecían e quedaban durante días madeiras no vial que non se vén de noite en varios tramos da senda.

8.- ESCOLA DO CALVO

Preguntámoslle ao goberno municipal quen é o titular da Escola do Calvo, e quen paga o IBI deste edificio.

9.- FONTE DE REDONDONEO

Hai semanas que os veciñ@s deste lugar lle solicitaron á Alcaldesa un tubo para esta fonte, como sempre, a Alcaldesa dixo que sí, e a día de hoxe o tubo continúa sen estar colocado.

10.- REPARACIÓN DE VIAIS EN BAROSELA

Solicitámoslle ao goberno municipal que observe con detemento o estado dos viais do lugar de Barosela e que acometa as reparacións necesarias no menor tempo posible.

11.- MISA NA CASA DA CULTURA

Queremos preguntarlle tamén como é que o concello permite e patrocina a realización dunha misa nas dependencias da Casa da Cultura. Tamén queremos saber porque  non informaron da realización deste “evento” á Escola de Música que se viu obrigada a suspender varias aulas do sábado 27 de setembro pola mañá, data na que se realizou esta misa.

12. DISPOSITIVO DE LIMPEZA DO SANTUARIO DOS MILAGRES

Preguntámoslle por como se organiza o dispositivo de limpeza do Santuario dos Milagres da Amil. Sempre foron operarios do concello?, é un espazo público?, hai algún tipo de convenio ou acordo?.

13.- TRATAMENTO DO PARQUE INFANTIL

Queremos saber sobre o tratamento para eliminar a perigosidade no parque infantil con respecto ás abellas presentes na mesma.

14.- ESTADO DE VARIAS MARQUESIÑAS

Preguntamos polo estado de varias marquesiñas do Concello, entre elas as de Santa Xusta e a do lugar da Chan, na Amil.

Hoxe: Asemblea Aberta coa Mocidade de Moraña

O BNG de Moraña está levando a cabo unha serie de accións co obxectivo de establecer espazos estables de colaboración e interacción coa súa base social e con outros sectores que cren que é necesaria unha alternativa á realidade política que nos rodea.

Un dos sectores clave neste proceso é, sen dúbida, a MOCIDADE, xa que representa a parte máis crítica, reivindicativa e sensible aos acontecementos sociais e políticos que se producen no país.

Pero tamén, a día de hoxe, un dos espectros da sociedade onde máis dano está facendo a crise e as decisións políticas relacionadas con ela.

Todos e todas estamos sendo testemuñas, de maneira máis directa ou indirecta, do novo éxodo que se está producindo entre a xente nova cara ao estranxeiro. Cuestión esta que supón, ademais do drama persoal e familiar, a perda da man de obra máis formada da historia que se vai producir e xerar riqueza a outros países e que supuxo un forte investimento tanto por parte das familias coma do propio Estado.

Non existen políticas específicas dirixidas á mocidade, o paro afecta a máis da metade da poboación nova deste país, as taxas universitarias soben, as bolsas baixan, o ensino empeora, as mínimas opcións de traballo existentes prodúcense en situación cada vez máis precaria…Se a isto lle sumamos a situación sociopolítica xeral de limitación de dereitos (individuais e colectivos), de falta de democracia,  represión…, queda claro que a mocidade é o dos colectivos máis maltratados da sociedade galega.

Neste contexto é no que o BNG de Moraña decide impulsar unha asemblea aberta á xente nova onde se poida establecer un foro de opinión, debate ou protesta, para que todos aqueles/as que queiran intervir o poidan facer libremente, sen importar siglas, militancias ou ataduras. Simplemente coa idea de recoller opinións, inquedanzas, críticas ou calquera suxestión que poida ser útil para artellar instrumentos ou solucionar problemas xerais ou puntuais.

Unha maneira de establecer fórmulas de relación que permitan trasladar e escoitar mensaxes,  de reivindicar e de participar na vida pública, de facer e falar de política sen máis, pero con maiúsculas; unha maneira de establecer canles de participación directa. En resumo: dignificar a POLÍTICA e fortalecer a DEMOCRACIA desde a base.

Por todo isto, consideramos moi importante e enriquecedor conseguir unha ampla participación que demostre que en Moraña existe unha mocidade consciente, preocupada, reivindicativa e democrática. Unha mocidade á que o BNG quere e debe escoitar e á que tamén lle gustaría trasladar as súas posicións naqueles temas onde así se considere. As propostas están enriba da mesa e o debate aberto:

  • Ensino público/privado.
  • Sanidade pública/privada.
  • Servizos sociais.
  • Galego.
  • Reforma local/democracia.
  • Política: partidos políticos, sindicatos, organización, proxectos, participación…
  • Austeridade: verdadeiro ou falso?
  • Dereito a decidir: democracia, solución?
  • Que pasa en Moraña?
  • […]

Estas son algunhas das múltiples propostas que se poden abordar e que son un mero exemplo do moito do que podemos debater, o que ocorra esta noite dependerá unicamente do que a xente nova de Moraña teña a ben decidir.

 

Eva Villaverde (R.L. do BNG-Moraña)

Asemblea aberta coa mocidade de Moraña

Este vindeiro sábado 11 de outubro ás 19:30h na Casa de Cultura Castelao realizaremos unha asemblea aberta para tódalas persoas mozas do noso concello.

Dende o BNG de Moraña convidámosvos a tod@s @s moz@s a que asistades a esta asemblea para explicarnos e así coñecer os vosos problemas, inquedanzas e demandas de primeira man e tamén para recoller as vosas suxestións e propostas e abrir, así, un espazo e lugar de encontro, opinión e colaboración estable cun dos colectivos máis castigados pola crise e as nefastas políticas do PP. A vosa opinión, contribución e participación é fundamental para construír un futuro mellor para Moraña, vémonos o sábado!.

Pleno ordinario de outubro: o BNG presenta 4 propostas en forma de mocións

Esta noite, ás 21:30h  está convocado un novo pleno ordinario do concello de Moraña. Dende o BNG-MORAÑA continuamos a ser o único grupo da oposición que presenta medidas e propostas, desta volta en forma de 4 importantes mocións que vos detallamos a continuación:

Moción para a modificación do proxecto de urbanización no entorno do centro de saúde

Propoñemos á Corporación solicitar cos servizos municipais un informe sobre se a actuación a executar ten ca bida conforme  a situación urbanística do concello, dado que a zona de actuación está nun ámbito no que as determinacións do novo planeamento supoñen modificación da ordenación urbanística vixente. Tamén instamos ao goberno municipal do concello de Moraña a redefinir o proxecto de urbanizar e construír aparcadoiros no Contorno do centro de Saúde de Santa Lucía, de xeito que se adecue ao espazo de valor natural da Carballeira da Feira Vella.

 

Moción pola defensa da pluralidade e a participación política e contra a reforma electoral que pretende o PP

Con esta moción demandamos que o Concello de Moraña inste ao Goberno Galego a  manifestar a súa rotunda oposición á proposta de reforma da lexislación electoral formulada polo Goberno do Estado que ten como finalidade que ostente a alcaldía a lista que resulte máis votada, reforzando deste xeito a concentración do poder municipal en órganos unipersoais e vulnerando a expresión do pluralismo político da cidadanía e a súa capacidade de participación e control da xestión pública municipal. Así mesmo tamén instamos a dirixirse ao Goberno do Estado coa finalidade de instar unha modificación do sistema electoral que favoreza unha mellor expresión nos órganos de representación da pluralidade política da cidadanía e unha maior participación no impulso e decisión das políticas públicas.

 

Moción referida ás cotas mensuais de ensinanza establecidas na ordenanza reguladora do prezo público pola prestación dos servizos na ESMU (Escola municipal de música).

Con esta moción instamos a que o goberno municipal, a través da Área de Cultura, estude todas as posibilidades para manter as clases de instrumento individualizadas tal e como se viñan desenvolvendo en cursos anteriores e tal e como demandan a maioría dos pais e nais. Tamén demandamos que, de non ser posible técnicamente o proposto no punto 1, se lle pase a cota que establece a ordenanza aos alumnos/as que se vexan agrupados nas súas clases de instrumento por ser a establecida oficialmente , e non a que defende a Alcaldesa. Por último, demandamos que o goberno municipal volva convocar unha xuntanza á comunidade da ESMU, que dé conta desta moción e que pida desculpas aos pais e nais pola mala información.

 

Moción para solicitar o rexistra o do concello no dominio .gal

      Instamos ao Goberno municipal para que rexistre e active o seu enderezo .gal nos prazos estabelecidos pola asociación que xestiona o dominio galego.

Instamos ó Executivo Municipal para que estableza un plan local de promoción entre as diferentes entidades e asociacións locais co obxecto de que comecen a mudar as súas páxinas web cara o .gal incluído o preceptivo asesoramento para a migración de todos estes enderezos cara a este novo dominio que nos identifica como país.

Rotonda da Chociña: O PP de novo entre a mentira e o despilfarro

[UN TOTAL DE 7612,43 € É O QUE NOS CUSTA, AO CONXUNTO DE VECIÑ@S, COLOCAR A ESCULTURA NA ROTONDA DA COCIÑA VENDIDA POLO PP COMO “CUSTE CERO”]

Mentres o goberno municipal de Moraña defendeu que a colocación  do Conxunto Escultórico alusivo á Festa do Carneiro ao Espeto nonRotondachociña tería custe económico para o noso Concello, o BNG puido comprobar
que supuxo para as arcas municipais un gasto de 7.612,43 €, ao que teríamos que sumar os máis de 37.000 € investidos no axardinamento  da rotonda.

É por iso que dende o  BNG censuramos, primeiro que, o PP mentise burdamente aos veciños e veciñas de Moraña, e segundo, criticamos este gasto, que cualificamos como un auténtico despilfarro, xa que o goberno municipal de Moraña ten de sobra onde priorizar os investimentos para atender os servizos públicos que xeren unha mellor calidade de vida para os veciños e veciñas servizos públicos como son as conexións de saneamento, mellora do alumeado público, mellora de viais, abastecementos de auga, etc…

Alén disto vemos como o PP non ten o máis mínimo reparo en gastar os cartos de todos e todas en cuestións innecesarias, cando ten  desatendidas, cando non totalmente esquecidos, outros ámbitos  como o cultural, educativo, musical, ou a mocidade. A indecencia e o cinismo da Alcaldesa e do seu grupo de goberno non teñen límites. Minten con total impunidade e despilfarran os nosos recursos, neste caso case 8.000 euros ao que teriamos que sumar aqueles 37.000 gastados en “axardinar” co resultado que tod@s coñecedes. Inaceptable.

Enlace a esta nova no Faro de Vigo

Asemblea aberta no lugar de Barosela

[CONSTRUÍNDO FUTURO EN MORAÑA]

Trala boa acollida na asemblea aberta feita na parroquia de San Martiño de Gargantáns, a c uarta que realizamos dende o comezo desta xeira de asembleas,  continuamos  este xoves a partir das 21h no local Veciñal de Barosela, na parroquia de Saiàns. Asemblea Aberta en Barosela

Dende o BNG de Moraña convidámosvos a tod@s @s veciñ@s de Barosela  a que asistades a esta asemblea para explicarnos e así coñecer os vosos problemas, inquedanzas e demandas de primeira man e tamén para recoller as vosas suxestións e propostas e abrir, así, un espazo e lugar de encontro, opinión e colaboración estable en todas e cada unha das parroquias do noso concello para poder traballar e construír un futuro mellor para Moraña.

Asemblea aberta en San Martiño de Gargantáns

[CONSTRUÍNDO FUTURO EN MORAÑA]

 Hoxe, xoves 18, ás 21h no Local Veciñal  Escola da Espedregueira realizaremos unha nova asemblea aberta desta volta coa veciñanza da parroquia de San Martiño de Gargantáns.

AsembleaGargantáns

Dende o BNG de Moraña convidámosvos a tod@s @s veciñ@s dos lugares desta parroquia: Paraños, Espedregueira, San Martiño, O Muíño e A Pallota,  a que asistades a esta asemblea para explicarnos e así coñecer os vosos problemas, inquedanzas e demandas de primeira man e tamén para recoller as vosas suxestións e propostas e abrir, así, un espazo e lugar de encontro, opinión e colaboración estable en todas e cada unha das parroquias do noso concello para poder traballar e construír un futuro mellor para Moraña.

 

 

 

A alcaldesa incumpre a ordenanza reguladora da Escola Municipal de música

O BNG de Moraña vai promover a presentación dunha moción para debate na Corporación Municipal para que se respecten os prezos establecidos na ordenanza fiscal reguladora dos prezos públicos pola prestación dos servizos na Escola Municipal de Música de Moraña e para que se establezan clases individualizadas tal e como demandan os pais e nais do alumnado. No BNG non imos consentir que a Alcaldesa e o seu goberno se salten as normas cando lle veña en gana e apliquen os prezos para as clases de instrumento por enriba dos establecidos na ordenanza.

A postura da Alcaldesa de cobrarlle 40 euros a alumnos agrupados nas clases é manifestamente contraria ao establecido no artigo 3.1.2 a) e b) da Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación dos servizos na Escola Municipal de Música de Moraña (BOP 29/9/2009), que establece que:
Alumnos sen clase individual de instrumento 20,00 euros
Alumnos con clase individual de instrumento 40,00 euros
Queda ben claro que de manterse as clases de instrumento cada 2 alumnos non se lle pode establecer a cota mensual de 40 euros que a Alcaldesa defendeu na xuntanza que mantivo coa comunidade educativa da Escola de Música de Moraña, porque se estaría incumprindo por parte do Concello a norma reguladora dos prezos.
Así mesmo o BNG rexeita a actuación da Alcaldesa cos pais do alumnado, pois cunha actitude inadmisible, intolerable e indigna nun representante público, rexeita de maneira implacable calquera tipo de proposta ou modificación das condicións de agrupación de alumnos ou da redución da cota mensual que polos pais e nais se lle expoñen. Este feito pon de manifesto, unha vez máis,  o seu talante antidemocrático e antidialogante con todo aquel que discrepe coa súa xestión.

Web do Bloque Nacionalista Galego de Moraña