[CONSTRUÍNDO FUTURO EN MORAÑA]
Hoxe, xoves 18, ás 21h no Local Veciñal Escola da Espedregueira realizaremos unha nova asemblea aberta desta volta coa veciñanza da parroquia de San Martiño de Gargantáns.
Dende o BNG de Moraña convidámosvos a tod@s @s veciñ@s dos lugares desta parroquia: Paraños, Espedregueira, San Martiño, O Muíño e A Pallota, a que asistades a esta asemblea para explicarnos e así coñecer os vosos problemas, inquedanzas e demandas de primeira man e tamén para recoller as vosas suxestións e propostas e abrir, así, un espazo e lugar de encontro, opinión e colaboración estable en todas e cada unha das parroquias do noso concello para poder traballar e construír un futuro mellor para Moraña.