Preguntas, demandas e suxestións do BNG no pleno de outubro

No pleno do pasado mes de outubro fixemos un total de 14 preguntas, demandas e suxestións ao goberno municipal  que nos achegaron moit@s veciñ@s sobre diversos temas de importancia en varias parroquias e lugares do noso concello . Deixámosvos aquí a relación das 14 interpelacións ao grupo de goberno do PP:

  1. ESTADO DO SANEAMENTO

Queremos ver o informe sobre o saneamento, que a Alcaldesa prometeu (outra mentira máis) que ía estar no mes pasado. A este respecto queremos engadir a denuncia polos malos cheiros habituais dende hai un tempo en Santa Lucía, supoñemos que por mor do estado do saneamento. Preguntámoslle ao goberno municipal se vai tomar algunha medida ao respecto.

  1. CATASTRAZO

Queremos saber como vai incidir en Moraña?, Que suba se prevé do IBI?

  1. PARQUE DE CAMPENLOS

Preguntamos que ocorreu coa Tirolina, e que danos ocasionou. Tamén comprobamos unha grave falta de XESTIÓN E MANTEMENTO deste lugar,  xa que hai ramas colgando, o que consideramos un grave perigo para o conxunto de veciñ@s.

4. CUSTE REAL DA COLOCACIÓN DO CONXUNTO ESCULTÓRICO

Queremos que  nos digan públicamente os custes exactos da colocación deste conxunto escultórico. Continuamos a agardar a que nos amose o custe real, que xa sabemos que foi de 7600 euros.

5. LIMPEZA PERÍMETRO DO CPI

Xa lle solicitamos en anteriores ocasións e de xeito máis informal a limpeza do perímetro do CPI Santa Lucía. O goberno municipal continúa sen facernos caso, e as consecuencias do estado deste perímetro pódense observar claramente.

6. LIXO ACUMULADO DESPOIS DAS FEIRAS

Solicitamos que se adopten medidas urxentes para que non quede lixo no vial de acceso a Mos e Casiñas os días de feiras.

7.- SENDA PEONIL DO BUELO-ALBERGUERÍA

Comprobamos unha vez máis que ao goberno municipal pouco lle interesa a seguridade vial. Comprobamos de novo que esta senda non estaba limpa, aparecían e quedaban durante días madeiras no vial que non se vén de noite en varios tramos da senda.

8.- ESCOLA DO CALVO

Preguntámoslle ao goberno municipal quen é o titular da Escola do Calvo, e quen paga o IBI deste edificio.

9.- FONTE DE REDONDONEO

Hai semanas que os veciñ@s deste lugar lle solicitaron á Alcaldesa un tubo para esta fonte, como sempre, a Alcaldesa dixo que sí, e a día de hoxe o tubo continúa sen estar colocado.

10.- REPARACIÓN DE VIAIS EN BAROSELA

Solicitámoslle ao goberno municipal que observe con detemento o estado dos viais do lugar de Barosela e que acometa as reparacións necesarias no menor tempo posible.

11.- MISA NA CASA DA CULTURA

Queremos preguntarlle tamén como é que o concello permite e patrocina a realización dunha misa nas dependencias da Casa da Cultura. Tamén queremos saber porque  non informaron da realización deste “evento” á Escola de Música que se viu obrigada a suspender varias aulas do sábado 27 de setembro pola mañá, data na que se realizou esta misa.

12. DISPOSITIVO DE LIMPEZA DO SANTUARIO DOS MILAGRES

Preguntámoslle por como se organiza o dispositivo de limpeza do Santuario dos Milagres da Amil. Sempre foron operarios do concello?, é un espazo público?, hai algún tipo de convenio ou acordo?.

13.- TRATAMENTO DO PARQUE INFANTIL

Queremos saber sobre o tratamento para eliminar a perigosidade no parque infantil con respecto ás abellas presentes na mesma.

14.- ESTADO DE VARIAS MARQUESIÑAS

Preguntamos polo estado de varias marquesiñas do Concello, entre elas as de Santa Xusta e a do lugar da Chan, na Amil.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.