[CONSTRUÍNDO FUTURO EN MORAÑA]
Trala boa acollida na asemblea aberta feita na parroquia de San Martiño de Gargantáns, a c uarta que realizamos dende o comezo desta xeira de asembleas, continuamos este xoves a partir das 21h no local Veciñal de Barosela, na parroquia de Saiàns.
Dende o BNG de Moraña convidámosvos a tod@s @s veciñ@s de Barosela a que asistades a esta asemblea para explicarnos e así coñecer os vosos problemas, inquedanzas e demandas de primeira man e tamén para recoller as vosas suxestións e propostas e abrir, así, un espazo e lugar de encontro, opinión e colaboración estable en todas e cada unha das parroquias do noso concello para poder traballar e construír un futuro mellor para Moraña.