Todolos artigos de: BNG Moraña

BNG presenta moción ante as incertezas sobre o inicio de curso 20/21

ℹ️Dende o BNG somos conscientes da gran preocupación de pais e nais ante o protocolo aprobado pola Xunta de Galiza para o inicio das aulas no mes de setembro. Ante iso, solicitamos ao goberno e corporación municipais que adopten estes acordos ao respecto:
1️⃣ Amosar o rexeitamento ao Protocolo COVID19 para o ensino aprobado pola Xunta de Galiza así como apoiar as demandas da comunidade educativa nestamateria.

2️⃣ Esixir á Xunta de Galiza a elaboración e financiamento do Plan extraordinario de limpeza e mantemento dos colexios deste Concello, derivado da COVID-19,asumindo a totalidade do sobrecuste.

3️⃣. Apoiar as reivindicacións das asociacións de nais e pais do alumnado abrindo con urxencia por parte da Xunta de Galiza un diálogo para resolver os problemas que impedirían o desenvolvemento do Plan Madruga, dos comedores e das actividades extraescolares no curso 2020-2021

.4️⃣ Emprazar á Xunta de Galiza a abrir un proceso de diálogo urxente coa comunidade educativa e a FEGAMP co obxectivo de resolver os problemasderivados do Protocolo, elaborado de forma unilateral pola Xunta, para garantiro correcto inicio e funcionamento do curso escolar 2020-2021.

5️⃣ Dar traslado do presente acordo á Xunta de Galiza, á FEGAMP e á CONFAPAGalicia.

O BNG presenta o primeiro tramo da candidatura para as municipais

A organización nacionalista celebrou onte sábado unha concorrida asemblea local na que se aprobou por unanimidade o primeiro tramo da candidatura para as eleccións municipais do vindeiro 26 de maio. Acompañarán no primeiro tramo desta candidatura:

2. Rubén Fernández Monteagudo, de 33 anos, veciño de Santa Lucía, mestre de educación musical e Secretario Comarcal da CIG-ENSINO. Músico nos grupos Tanxugueiras e Alvariza, Rubén participa tamén no tecido cultural e asociativo de Moraña na actualidade é presidente da Asociación cultural Peña Espetados.

3. Mariña Búa González, veciña de santa Lucía de 26 anos, graduada en Farmacia e máster en Nutrición, exerce de farmacéutica na actualidade. Implicada no movemento nacionalista dende moi nova.

4. Belén Vieitez Ferradáns, 32 anos, veciña de San Martiño de Laxe forma parte activa do movemento feminista. Licenciada en Dereito e máster en Xénero, Igualdade e Educación, traballa na Deputación de Pontevedra.

5. Javier Acevedo Ferreira, veciño de Paraños (Gargantáns) de 44 anos, implicado na defensa e revitalización do noso rural. Javier traballa nunha auxiliar de automoción e forma parte da CIG. 

En palabras de Marcos Suarez Redondo, cabeza de lista do BNG de Moraña “este primeiro tramo da candidatura acumula xuventude, ilusión e futuro, pero tamén unha ampla experiencia no traballo feminista, social, cultural e político. Son mulleres e homes coñecidas e relevantes no noso concello, plenamente conscientes de que Moraña merece máis e preparadas e ilusionadas para traballar no proxecto de futuro que dende o BNG temos deseñado para o noso concello”. Asegura Suárez que “xunto co resto das 21 mulleres e homes da candidatura formamos un equipo sólido e de garantías para gobernar, xestionar e devolverlle o peso político a Moraña e o protagonismo ás veciñas e veciños”.

A lista completa do BNG de Moraña, que inclúe varias novidades máis, será presentada públicamente a todas as veciñas e veciños o vindeiro domingo 7 de abril as 12h na Casa de Cultura Castelao

a Xunta DEIXA FÓRA A MORAÑA DO PROXECTO DE TRANSPORTE METROPOLITANO

Esta exclusión deixa en evidencia a función de títere da Alcaldesa, que a pesar de expoñerse publicamente non conseguíu que incluísen a Moraña neste plan

          Moraña, 5 de febreiro de 2019

        A  Dirección Xeral de Mobilidade vén de emitir unha resolución pola que se someten a información pública os proxectos de explotación de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada.  Os anteproxectos que a Xunta ten a exposición pública coas claves XG-628 Metropolitano de Pontevedra e XG- 673 Entorno metropolitano de Pontevedra non recollen o ámbito territorial de Moraña, a pesares de que o goberno municipal e o PP de Moraña anunciaran e confirmaran a “bombo e platillo” que o noso Concello estaba dentro deste proxecto de transporte. Finalmente os informes técnicos déronlle a razón ao concello de Pontevedra e exlucíron a todos aqueles que quixeron subirse ao carro deste proxecto sen aval técnico e só para crear polémica con curtos fins electorais, como o caso de Moraña. 

          Esta mala nova danos a razón ao BNG e deixa en absoluta evidencia ao Partido Popular de Moraña e á súa  política demagóxica e única función de títeres, pois o úinico que fixo esta organización foi crear polémica  cunha campaña pública reiterada na que acusaban ao Concello de Pontevedra, gobernado polo BNG, de bloquear o transporte metropolitano de Pontevedra e ao BNG de Moraña de non posicionarse na defensa dos intereses do noso concello.  O PP de Moraña impulsou unha campaña de descrédito do BNG con este asunto, enviando un boletín informativo a todas as casas de Moraña que incluía un titular no que culpaba ao BNG de bloquear o transporte metropolitano. Dende o BNG preguntámonos se o Partido Popular de Moraña fará as mesmas acusacións agora á Xunta de Galicia despois de que esta  deixase a Moraña fora do proxecto de transporte metropolitano de Pontevedra.

            Para o BNG de Moraña, que a Xunta de Galicia exclúa a Moraña nos anteproxectos de transporte anteriormente citados é unha mala nova, que constata o pouco peso e interese que o noso concello ten para a Xunta de Galicia, e deixa ademais en evidencia o infantil xogo político que estivo facendo a señora Piñeiro, Alcaldesa de Moraña, que estivo máis preocupada de enlearse en loitas políticas co BNG e co Concello de Pontevedra, antes que defender os intereses do noso concello. Intereses que deben pasar, e aos que o BNG non renuncia, a defender un transporte público de calidade, con frecuencias e liñas acordes ás necesidades da veciñanza de Moraña, pois na actualidade por exemplo na fin de semana non hai liñas de transporte a Pontevedra nin a Santiago de Compostela.

       O BNG de Moraña continuará traballar nesta mesma liña de proposta de sistemas útiles e viables para mellorar o nosos transporte insistindo unha vez máis na necesidade de demandar unha mellora das frecuencias de transporte público a Moraña e  implementar un sistema de transporte municipal a demanda, cuestións na que o BNG xa plantexou o debate con sendas iniciativas presentadas  ao pleno da corporación municipal e que o Partido Popular de Moraña non apoiara, sen tampouco plantexar máis iniciativa que a sinatura, agora frustrada, deste convenio de transporte metropolitano.

Marcos Suárez, nomeado candidato á alcaldía de Moraña polo BNG

Marcos, elixido por unanimidade na asemblea local do BNG, presentou publicamente esta mañá a súa candidatura acompañado de varias/os compañeiros/as da agrupación local da organización, ademais do responsábel comarcal do BNG Demetrio Gómez.

🔹O xa cabeza de lista do BNG afirmou que asume este reto “con máis ilusións e gañas ca nunca” xa que quere “seguir traballando pola veciñanza do noso concello e contribuír a recuperar a nosa autoestima e o orgullo de sermos de Moraña”.

🔊 Marcos Suárez fixo un chamamento a todas as persoas “que non se resignan e conforman coa Moraña triste, rutineira e a remolque que nos ofrece o Partido Popular” a sumarse ao proxecto do BNG. “Quero que saiban que en nós terán a alternativa necesaria para construír con ideas propias e avanzadas unha Moraña moderna, diferente, con perspectiva de futuro e viva”.

Vídeo da presentación: : https://m.youtube.com/watch?v=1Fms1jbd2VU

Comunicado conxunto BNG e PSdG Moraña

🔴🔴[IMPORTANTE]: COMUNICADO CONXUNTO DO BNG E DO PSdG-PSOE DE MORAÑA:

🔶Ante a falta de pediatra no Centro de Saúde de Moraña desde o mes de outubro, e despois de que o Sergas e a Alcaldesa de Moraña sigan a día de hoxe sen dar unha solución a este servizo, anunciamos:

1️⃣. Que desde o BNG e PSdG-PSOE lamentamos as explicacións dadas polo Xerente do CHOP e a Alcaldesa de Moraña o pasado 29 de novembro en Moraña, e critican as falsas expectativas que xeraron ante os usuarios por dúas veces ao trasladar que no mes de
novembro quedaría o servizo cuberto, a pesares de que sabían desde o principio que non ían solucionar o problema.
2️⃣. Que no BNG e PSdG-PSOE apoiamos e asistiremos á marcha-concentración convocada por todos os grupos políticos da Corporación Municipal de Cuntis para mañá,
mércores 5, ás 20h e que partirá do Centro de Saúde de Cuntis, dado que a praza de pediatría é compartida entre os centros de saúde de ambolos dous concellos.
3️⃣. Que desde BNG e PSdG-PSOE animamos e facemos unha chamamento a toda a veciñanza de Moraña a acudir á citada marcha-concentración, para amosar deste xeito aos responsables da xestión sanitaria e ante o Goberno Municipal de Moraña a disconformidade coa situación creada, e reinvidicar unha solución inmediata.

Moraña, 4 de decembro de 2018

O BNG demanda a restitución dos recortes producidos no centro de saúde

O BNG vén de entregar no rexistro do concello unha moción na que denuncia os recortes provocados pola Xunta de Feijóo no centro de saúde de Moraña e demanda a restitución dun posto de traballo amortizado nos últimos mesesO BNG de Moraña considera moi negativos os recortes producidos polo Servizo galego de saúde e permitidos sen ningún tipo de discrepancia pública polo goberno municipal do PP, do mesmo cor que a Consellaría. Ademais, ve con preocupación o desmantelamento que se está aplicar aos servizos no Centro de Saúde, pois a praza de matrona non se atopa en Moraña, a praza de celador non se cubre, e o servizo de pediatría é compartido con outro Centro de Saúde.

A este respecto, os concelleiros do grupo municipal denuncian que unha praza de celador do devandito centro non se cubre dende que se producira a vacante por xubilación da mesma, hai xa varios meses, o que conleva un evidente empeoramento do servizo asistencial e eivas no apartado das funcións administrativas do centro. Ademais, o BNG puido comprobar a relación de servizos que o SERGAS ofrece no centro de saúde de Moraña, onde citan tamén un posto de pediatría, cuestión que tampouco se cumpre a día de hoxe, posto que Moraña non conta cun servizo de pediatría a tempo completo, cuestión perfectamente coñecida e sufrida polo conxunto da veciñanza.

O BNG manifesta a súa total oposición a este tipo de recortes en persoal e servizos e por iso traslada a situación do centro de saúde en forma de moción a todos os grupos e especialmente ao goberno municipal, que mantén unha inaceptable posición de non discrepancia e silencio con estes agravios en forma de recortes producidos pola Xunta de Galiza. O BNG solicita a restitución do posto de celador e a incorporación do servizo de pediatría a tempo completo e agarda a este respecto que todos os grupos municipais fagan unha fronte común na defensa da sanidade pública e dos servizos básicos da nosa veciñanza e ofrécese para iniciar e colaborar en todas as medidas de presión que sexan necesarias para conquerir a restitución destes recortes.

Moción presentada:

Catro propostas para a mocidade de Moraña (documento)

A mocidade foi e continúa ser un colectivo habitualmente esquecido e de pouco peso específico históricamente nas decisións e accións dos diferentes gobernos municipais. Para nós sodes un colectivo imprescindíbel e fundamental no noso concello ao que debemos darlle iniciativa e ferramentas para que actuedes como eixo e motor da Moraña que queremos construír.  É por isto polo que vos convocaramos o pasado 18 de novembro , e daquela asemblea saíron consensuadas estas propostas que imos defender  nos vindeiros plenos municipais:

CONSULTA  aquí as 4 propostas do BNG para a mocidade de Moraña