A organización nacionalista celebrou onte sábado unha concorrida asemblea local na que se aprobou por unanimidade o primeiro tramo da candidatura para as eleccións municipais do vindeiro 26 de maio. Acompañarán no primeiro tramo desta candidatura:
2. Rubén Fernández Monteagudo, de 33 anos, veciño de Santa Lucía, mestre de educación musical e Secretario Comarcal da CIG-ENSINO. Músico nos grupos Tanxugueiras e Alvariza, Rubén participa tamén no tecido cultural e asociativo de Moraña na actualidade é presidente da Asociación cultural Peña Espetados.
3. Mariña Búa González, veciña de santa Lucía de 26 anos, graduada en Farmacia e máster en Nutrición, exerce de farmacéutica na actualidade. Implicada no movemento nacionalista dende moi nova.
4. Belén Vieitez Ferradáns, 32 anos, veciña de San Martiño de Laxe forma parte activa do movemento feminista. Licenciada en Dereito e máster en Xénero, Igualdade e Educación, traballa na Deputación de Pontevedra.
5. Javier Acevedo Ferreira, veciño de Paraños (Gargantáns) de 44 anos, implicado na defensa e revitalización do noso rural. Javier traballa nunha auxiliar de automoción e forma parte da CIG.
En palabras de Marcos Suarez Redondo, cabeza de lista do BNG de Moraña “este primeiro tramo da candidatura acumula xuventude, ilusión e futuro, pero tamén unha ampla experiencia no traballo feminista, social, cultural e político. Son mulleres e homes coñecidas e relevantes no noso concello, plenamente conscientes de que Moraña merece máis e preparadas e ilusionadas para traballar no proxecto de futuro que dende o BNG temos deseñado para o noso concello”. Asegura Suárez que “xunto co resto das 21 mulleres e homes da candidatura formamos un equipo sólido e de garantías para gobernar, xestionar e devolverlle o peso político a Moraña e o protagonismo ás veciñas e veciños”.
A lista completa do BNG de Moraña, que inclúe varias novidades máis, será presentada públicamente a todas as veciñas e veciños o vindeiro domingo 7 de abril as 12h na Casa de Cultura Castelao