Arquivos da etiqueta: BNG

𝗢 𝗕𝗡𝗚 𝗱𝗲 𝗠𝗼𝗿𝗮𝗻̃𝗮 𝗲𝗻𝗰𝗵𝗲 𝗼 𝗠𝘂𝗹𝘁𝗶𝘂𝘀𝗼𝘀 𝗻𝗮 𝗽𝗿𝗲𝘀𝗲𝗻𝘁𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗮 𝗰𝗮𝗻𝗱𝗶𝗱𝗮𝘁𝘂𝗿𝗮 𝗾𝘂𝗲 𝗲𝗻𝗰𝗮𝗯𝗲𝘇𝗮 𝗠𝗮𝗿𝗰𝗼𝘀 𝗦𝘂𝗮́𝗿𝗲𝘇

𝟰𝟬𝟬 veciñas e veciños arroupáronnos o pasado 16 de abril nunha emocionantísima presentación do equipo co que concorreremos ás eleccións municipais. Canta ilusión!

Temos que pedir unha vez máis desculpas ás todas as persoas que non puidestes entrar dentro do auditorio do Multiusos.

Nunca vivimos nin sentimos algo así. Estade seguras e seguros de que nos deixaremos a pel por este concello e por todas e cada un/unha de vós 💪

O cambio 𝘅𝗮 𝗲́ 𝗶𝗺𝗽𝗮𝗿𝗮𝗯𝗹𝗲 en Moraña! Farémolo 𝙧𝙚𝙖𝙡𝙞𝙙𝙖𝙙𝙚 💪#MorañanoCorazón

Galería de imaxes: https://www.facebook.com/bngmorana/posts/pfbid0rBAsUnjpuqCD9KtBjbF6bxBPfdBxCcdpeH4hrLb6JGDht7qVNtuUv8AE42LsnagGl

MULTITUDINARIA MOBILIZACIÓN DO POBO DE MORAÑA ANTE OS RECORTES NO CENTRO DE SAÚDE

🗣️ A manifestación desbordou todas as previsións, con máis de 600 veciños e veciñas esixindo nas rúas a fin dos recortes no centro de saúde.

A marcha contou coa presenza do deputado do BNG Luis Bará e a responsabel de política municipal do BNG e veciña de Moraña Eva Villaverde e percorreu as principais rúas do centro urbano de Santa Lucía onde centos de veciñas pediron o fin dos recortes no centro de saúde, clamaron contra a ampliación do mesmo e pola resposición urxente das vacantes médicas. Xa diante do Concello, onde remataba a manifestación, Rubén Monteagudo, responsábel local do BNG pedía un calusoro aplauso e apoio aos traballadores/as do centro de saúde lembrando que “nunca e en ningún caso teñen eles/as a culpa”. Pola súa parte Carmen Fariña, veciña de Moraña e traballadora do SERGAS, foi quen leu o manifesto final lembrando cronoloxicamente todos os recortes que levan sufrindo dende hai anos a veciñanza de Moraña, nomeadadmente a perda do pediatra, da matrona e a ausencia constante de médicos/as, o que leva a que centos de usuarios do centro leven máis de 5 meses sen médico/a asignado e polo tanto, sen poder obter unha cita para atención primaria.

O voceiro municipal do BNG Marcos Suárez remataba o acto agradecendo a labor dos profesionais sanitarios e a presenza activa do PSDeG de Moraña, lamentando así mesmo a flagrante ausencia do Alcalde de Moraña, quen, en palabras de Suárez “carece de empatía e respecto ás veciñas e veciños, non só por non vir, senón polas manifestacións feitas nas últimas horas”. Suárez rematou lembrando o orgullo de vivir en Moraña e dunha veciñanza “que non cala nin outorga, unha veciñanza que está en pé e que hoxe dixo abonda, nun mensaxe claro e contundente ao Partido Popular, Xunta e Sergas“.

A mobilización foi unha das maiores na historia de Moraña, só comparada ás realizadas hai máis de 20 anos contra o Encoro.


📸 Galería de imaxes: https://www.facebook.com/bngmorana/posts/pfbid0rob3rU3o5rSzCi7rZhTWfHxEktRWx3ChvBU3ajDydEo5uzi2n96HJcLCzmPULGB7l

Catro propostas para a mocidade de Moraña (documento)

A mocidade foi e continúa ser un colectivo habitualmente esquecido e de pouco peso específico históricamente nas decisións e accións dos diferentes gobernos municipais. Para nós sodes un colectivo imprescindíbel e fundamental no noso concello ao que debemos darlle iniciativa e ferramentas para que actuedes como eixo e motor da Moraña que queremos construír.  É por isto polo que vos convocaramos o pasado 18 de novembro , e daquela asemblea saíron consensuadas estas propostas que imos defender  nos vindeiros plenos municipais:

CONSULTA  aquí as 4 propostas do BNG para a mocidade de Moraña