Marcos Suárez reúnese coa veciñanza da urbanización da rúa 7 e recolle as súas demandas

O noso voceiro municipal Marcos Suárez  visitou o pasado martes aos veciñ@s da Urbanización Dehesa de Campenlos situada na rúa 7 de Santa Lucía. a visita. Suárez reuniuse co conxunto de veciñ@s e recolleu a súa queixa unánime en canto ao estado da urbanización e as promesas incumpridas por parte da Alcaldesa, que leva ano e medio prometéndolle “solucións” a estes veciños sen que a día de hoxe se teña producida a máis mínima mellora.

Os veciños amosáronlle ao noso concelleiro  o pésimo estado do entramado viario da urbanización e a inexistencia de alumeado público nesta zona. Ademais, o vial da urbanización preUrbanización rúa 7senta unha plataforma de moi pouca calidade que xa provocou nalgún caso pequenos danos nos vehículos no entronque da saída dos garaxes polas irregularidades que presenta.

O noso voceiro tamén puido constatar in situ o estado do pavimento do vial desta urbanización, un pavimento máis propio de outra tipoloxía de viais como poden ser os rurais, e tamén o lamentable estado da parcela urbana situada ao sur destas vivendas unifamiliares e que está chea de vexetación espontánea que fai que bichería de diverso tipo (culebras, ratas etc) acoda alí como hábitat natural, lembrando que nesta zona urbana residen varios nenos e nenas.

Dende o BNG-MORAÑA estamos elaborando xa unha moción a este respecto que presentaremos no vindeiro pleno esixindo que o goberno municipal cumpra as súas promesas e adopte as medidas urxentes e necesarias e resolva coa máxima celeridade posible tódalas deficiencias existentes nesta zona urbana.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.