O BNG denuncia de novo a falta de luz na rotonda da Chociña

A Rotonda dos 44.000 euros en axardinamento e esculturas, sen luz de novo.

Dende o BNG  de Moraña vimos observando que nos últimos días que a rotonda da Chociña carece de iluminación.  A citada rotonda fai de entronque entre a PO-226 co noRotonda, captura do Quinteirovo treito da PO-221 (Moraña-Caldas de Reis), constituíndo pois unha infraestrutura de elevado tránsito de vehículos.
Para o BNG a falta de iluminación neste punto constitúe un auténtico perigo para seguridade vial. Consideramos necesario resolver de xeito urxente esta anomalía antes de que haxa que lamentar posibles accidentes. Non podemos admitir que nunha rotonda onde o goberno municipal ten priorizado obras e actuacións cuns elevados investimentos, non teña as máis mínimas garantías de seguridade nin teña un alumeado acorde á súa situación.

Desgraciadamente unha vez máis, o goberno municipal do Partido Popular actúa con total incoherrotonda chochiñaencia, planificando iluminación para lugares innecesarios e deixando de lado os que o máis precisan.
Foi precisamente gracias ás reiteradas denuncias públicas e á presión política do BNG no pasado a que fixo que se dotara de iluminación neste punto do noso entramado viario. E non podemos admitir anuncios electoralistas do PP sobre aforro na factura eléctrica do alumeado cando o servizo é precario.  Por todo isto  desde o BNG emprazamos publicamente ao goberno municipal para que resolva a falta de iluminación deste punto da rede viaria de Moraña de xeito urxente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.