O PP continúa sen solucionar as súas malas decisións con respecto á ESMU

No pleno do pasado venres o goberno municipal do Partido Popular viuse obrigado a presentar unha modificación da ordenanza que regula os prezos daESMU Moraña Escola Municipal de Música debido á proposta presentada polo BNG en forma de moción no anterior pleno e aprobada por unanimidade. Lamentablemente esta moción non cumpreu as expectativas e dende o noso grupo municipal manifestamos a nosa oposición e votamos en contra. Os motivos son os seguintes:

non compartimos a redacción

– os aspectos formais e conceptuais

– e o efecto retroactivo que se plantea

Dende o BNG-MORAÑA cremos que esta modificación da ordenanza dos prezos polos servizos da ESMU obedece e deriva dunha DECISIÓN POLÍTICA DO PP do mes de xuño.

    • Unha decisión política que cambiou as condicións da ensinanza para os alumos da ESMU.

    • Unha decisión política do PP que non tivo en conta as repercusións posibles, nin as normas, ni nao conxunto da comunidade da ESMU. Unha decisión da alcaldesa do Partido Popular aplicando criterios económicos e non da calidade da ensinanza.

    • Unha decisión política errónea que agora pretenden disimular e tapala. É un claro intento de desviar a atención, de escurrir o bulto e mirar para outro lado.

Nós Non imos ser cómplices das súas decisións, nin dos erros do PP

Ademais disto:

– O BNG propuxo unha iniciativa en positivo aprobada por unanimidade da Corporación o 3 de outubro aprobouse cos seguintes acordos a adoptar:

Estudar as posibilidades de volver ás clases individuais . A día de hoxe non coñecemos ningunha proposta nin ningún informe que diga que non se pode volver ás clases individuais.

Á parte de non convocar dita xuntanza nin tan siquera houbo a decencia política de chamarnos aos Grupos municipais da oposición para plantexarnos a posibilidade da modificación da ordenanza. Decencia política que neste Concello sempre houbo con outros gobernos e que desgraciadamente agora desapareceu por completo.

Outro acordo aprobado por todos establecía que, de non ser posible volver ás clases individuais se aplicara a ordenanza vixente. E vostedes veñen cunha modificación da Ordenanza. O que pretenden é tapar os erros da súa decisión.

Por outra banda, a Alcaldesa comprometerase a revisar a ordenanza da ESMU cos pais e nais, para adaptala á realidade socioeconómica actual e para adaptala á realidade actual da propia escola. No sentido de incluir medidas económicas e fiscais favorecedoras para familias con dificultades, etc… por iso reafirmámonos que o que pretenden con esta modificación é maquillar a decisión que o PP tomou no seu día de cambiar as condicións da ensinanza.

Dende o BNG-MORAÑA manifestamos que continuaremos a defender o que é de xustiza, e neste caso continuaremos a defender as demandas dos pais e nais da Escola Municipal de Música e o cumprimento dos acordos realizados no pleno, en particular da nosa moción do mes de outubro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.