O BNG denuncia que a senda peonil do Souto non é accesible na súa totalidade

O BNG lamenta que, despois do desembarco institucional que días atrás tivo lugar en Moraña para visitar as obras da Senda Peonil do Souto, e facer de paso a foto electoralista, a Alcaldesa non defendese e requerise un ancho suficiente en todo o seu trazado. O caso é

DSC_0635 que a administración autonómica está a anunciarnos a execución dunha senda de formigón de cor ocre cun ancho de 1,5-1,8 m, cando a realidade é que no punto de enlace coas beirarrúas do Souto o ancho non pasa dos 50 cm. Para o BNG se a execución se realiza nestas condicións estarase ante unha auténtica chapuza, por non ter en conta os aspectos de mobilidade e accesibilidade para os peóns, para as persoas con discapacidade, así como para os pais e nais que teñan que empregala cunha cadeira de nenos/as.

Dende o BNG e malia o evidente carácter electoralista desta obra e da visita de políticos da semana pasada á mesma estamos a favor de que se fagan cousas que redunden no beneficio e mellora do benestar dos nosos veciños, pero non cando se fan sen planificación, a correr  e  ‘sen sentidiño’. Consideramos polo tanto que é necesario replantexar a obra e que se execute unha infraestrutura peonil que dea un bo servizo en condicións das mínimas garantías de seguridade peonil para todas as persoas usuarias. Non podemos permitir tampouco que se execute unha barreira deste tipo para as persoas que empreguen cadeiras de rodas ou similares.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.