[CONVOCADO UN NOVO PLENO ORDINARIO PARA ESTE VENRES ÁS 21:30H]
Este venres día 6 de xuño terá lugar nas dependencias do concello un novo pleno ordinario a partir das 21:30h.
O BNG-MORAÑA presenta unha moción pola mellora da seguridade no vial provincial EP-0018 que pasa pola parroquia da Amil. Lamentablemente, volvemos constatar, un mes máis, que o noso é o único grupo da oposición que continua presentando mocións para mellorar a situación, calidade de vida e servizos dos veciños.
Adxuntámosvos a convocatoria do pleno cos puntos da orde do día e así mesmo a nosa moción. Lembrámosvos que estaredes puntualmente informados de todo o que ocorra neste pleno no noso perfil de Facebook.
[Mitin do BNG en Santa Lucía]
Xoves 22 de maio ás 21 horas na casa da cultura Castelao
Falarán:
– Manuel Giménez (Técnico da cooperativa “Monte Cabalar”
– Rubén Fernández (CIG-ENSINO)
– Marcos Suárez (Portavoz municipal)
– Xesús Dominguez (portavoz d@s afectados polas preferentes e candidato do BNG)
– Carme da Silva (Concelleira en Pontevedra. Membro do consello nacional)
Achégate ata a casa da cultura e difunde este acto público do BNG!. Máis info no evento de facebook.
O BNG SOLICÍTALLE AO GOBERNO MUNICIPAL QUE ARRANXE CON URXENCIA OS SEMÁFOROS INSTALADOS NO NÚCLEO DE SANTA LUCÍA.
Dende fai varios meses os semáforos que regulan o tráfico do cruce situado xunto ao concello de Moraña están avariados.
Hai días que funcionan ben, outros que non funcionan e outros que provocan o caos. E dicimos que provocan o caos porque se teñen dado situacións onde os semáforos se poñen en verde ao mesmo tempo, dándolle paso a todos os vehículos, o que provoca situacións de risco por colisións entre vehículos.
Desde o BNG xa se lle requiriu en sesión plenaria ao goberno municipal para que se arranxaran os semáforos, sen que a día de hoxe se teña solventado a situación. Por iso o BNG vai presentar por rexistro no concello de Moraña unha solicitude para que se tome en serio a avaría dos semáforos e se corrixan as deficiencias que teñen.
Moraña, 13 de maio de 2014
Marcos Suárez, Portavoz Municipal do BNG
Web do Bloque Nacionalista Galego de Moraña