12- Luís Cancela González.
“Chámome Luis, teño 42 anos, estou casado, teño un fillo e traballo na rama da alimentación. Aínda que son orixinario de Barro levo máis de 20 anos vivindo neste concello, na actualidade en Santa Lucía, e no Bloque levo uns cantos máis…eu son e sigo sendo, con moito orgullo, militante do BNG porque esta é,segue sendo a organización que máis respecta e mellor defende ao noso país,e ademais, participo nesta candidatura por que estou convencido de que o proxecto do BNG é xusto o que precisa o noso concello”.
13- Laura Casal Tizado.
“Son Laura Casal Tizado e estudo Xornalismo na Universidade de Santiago. Teño 18 anos e como moza comprometida coa realidade social e política de Moraña, estou no BNG para conseguir mudar o Concello desde dentro e saber atender ás necesidades dos veciños e veciñas. No BNG-Asambleas Abertas síntome acollida e escoitada, e penso que é a mellor maneira de coñecer a realidade de Moraña,analizala e, sobre ela, traballar para mellorala. Quero un futuro mellor para min e para a miña xente, e penso que é moi importante concienciar á mocidade da súa importancia na participación política, tanto a nivel xeral como municipal. Nesta candidatura plural e aberta a escoitar síntome partícipe dun proxecto novo, comprometido e alternativo.”
14- Enrique Fernández Salgado
“Chámome Enrique, son de A Albergueria (Saiáns), teño 34 anos, teño unha filla e traballo como informático de sistemas nunha empresa TIC galega.
Nacín e crieime fora, en Suíza, xa que meus pais tiveronque emigrar, como outros centos de veciñ@s nos anos 70. Cando vin, no 2008, e me interesei pola política, dinme conta de que unicamente o BNG se preocupaba por Galicia, tanto aquí como en Madrid ou en Bruxelas, comprobei que só o BNG entendía e entende a democracia como o que é (poder do pobo) e só no BNG topei xente que non busca protagonismo senón só participar para intentar facer as cousas ben. Por iso son do Bloque. E son parte da lista de BNG-Asambleas Abertas porque o equipo que temos en Moraña é iso e moito máis. E falo de equipo que non lista, porque detrás de esta candidatura, temos moita máis xente que traballa tamén. E todos, dende o primeiro até o último estamos comprometidos con Moraña, non lle temos medo ao traballo e queremos unha Moraña mellor para tod@s e cremos que é posible! Sabemos que será una tarefa difícil pero estamos dispostos a facela.”
15- Rafael Rodríguez Ruibal.
Rafael é veciño de Amil, ten 37 anos, está casado, ten dous fillos e na actualidade é empresario autónomo. Rafa é un home dos que infunde optimismo, un militante que sempre está cando ten que estar. Dende hai moitos anos está moi implicado na vida social e asociativa da Amil, ben na asociación veciñal, ben na asociación gastronómica e cultural, e actualmente é un dos organizadores da Festa do Porquiño á Brasa.
16- María Gamallo Silva.
“Chámome María ,teño 22 anos e son veciña da parroquia da Amil. Son graduada en Administración e Dirección de Empresas pola USC e actualmente curso un Máster en Dirección e Xestión do Comercio Exterior na mesma universidade.
Penso que as mozas e mozos deberiamos adoptar un rol máis activo na política e utilizar esta ferramenta na defensa dos nosos dereitos, xa que lamentablemente hoxe en día somos un dos colectivos que máis está a padecer a situación de crise e precariedade neste país. Así pois, decidin apostar polo proxecto político do BNG xa que considero que se trata dun proxecto serio e representado por un equipo de persoas moi plural e capacitado para tomar as rendas do noso concello e facer de Moraña un concello mellor, onde os intereses de todos os veciñ@s sexan o máis importante e prevalezan sobre os intereses duns poucos.”
17- Iván Ferreiro Pérez.
Iván é veciño do lugar de Corrigatos, ten 29 anos e traballa eventualmente nunha industria da comarca e na actualidade, como outros moitísimos mozos e mozas, atópase en no paro. Iván é un mozo alegre, de bo carácter, participativo, implicado activamente na vida social do noso concello e tamén consciente e comprometido co difícil e complexo tempo político que lles tocou vivir á mocidade deste país.
18- Dalmacio Pereira Souto.
Dalmacio é veciño de Paraños, parroquia de Gargantáns, ten 54 anos, está casado e ten dous fillos. Dalmacio é un nacionalista histórico nonoso concello, un loitador E persoa altamente comprometida que sempre está cando se precisa del. É empresario gandeiro.
19- Belén Giménez Solla.
Belén é veciña do lugar de Alende, ten 35 anos e é licenciada en Pedagoxía e Diplomada en Maxisterio na especialidade de Educación Primaria.
A nosa candidata sempre estivo implicada activamente no tecido asociativo e cultural de Moraña colaborando entre outras coa Asociación O Arrieiro e participando así mesmo na agrupación de Teatro Fervelleasverzas. No eido máis social Belén é unha das responsables na creación e posta en marcha do Banco de Roupa existente no noso concello.
20- Antonio Hervés Rivas.
Antonio é veciño do lugar do Apedrado, na Amil, ten 52 anos, està casado,ten tres fillas e é operario da construcción. Interesado eimplicado sempre nas cuestións políticas tanto a nivel local como nacional, Antonio tamén está implicado na actualidade na xestión da Comunidade de Augas do seu lugar e na Comunidade de Montes da súa parroquia.
21- Liliana Fariña Cerviño
Liliana é unha muller forte, traballadora e de moito compromiso. É veciña do lugar da Igrexa na parroquia de Lamas, ten 29 anos e o seu oficio é o de carpinteira, pero os efectos colaterais desta crisesistémica que estamos a padecer fixeron que na actualidade Lili traballe na industria cárnica.