Rogos, solicitudes e preguntas do BNG no pleno do pasado mes de marzo

Na rolda final, fixemos varias solicitudes, rogos e demandas ao goberno municipal a respecto de diversas cuestións. Detallámosvolas aquí:

  1. Gastos de representación e dietas da Alcaldesa
    Solicitamos, unha vez máis, a relación de todos os gastos de representación, locomoción e dietas da Alcaldesa do ano 2015. En canto os teñamos, faremos a valoración correspondente, a respecto tamén da partida orzamentaria adicada a estas cuestións.
  2. Falta de luz pública en Santa Lucía
    Facemos chegar, unha vez mais, as amplas queixas da veciñanza a respecto da falta de luz pública en varios puntos de Santa Lucía. Queremos saber por que se tarda tanto en actuar.
  3. Estado de depuradoras e bombeos
    Preguntamos tamén se o goberno pensa adoptar medidas ao respecto das depuradoras e bombeos que están a botar por fóra como o dos lugares de Portamos, Bouza ou Amil.
  4. Recibo de auga e lixo
    Queremos saber cando prevé o goberno municipal pasar o recibo de auga de lixo do ano 2015.
  5. ORAL
    Rogamos ao goberno municipal que solicite ao ORAL o paso dos recibos do IBI á veciñanza de xeito fraccionado.
  6. Plan de Composteiros
    Queremos saber a posición final do goberno municipal neste respecto. Descarta por completo unirse a este plan?
  7. Limpeza CPI Santa Lucía
    Solicitamos unha actuación de limpeza no entorno do CPI aproveitando a Semana Santa
  8. Filtracións augas pavillón
    Advertímoslle ao goberno da constancia de filtracións de augas no pavillón, ademais de que a pintura que se botou de novo estase a levantar.

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.