Rogos, demandas e outras cuestións do pleno do 3 de decembro

Dende o grupo municipal do BNG levamos a este pleno do pasado 3 de decembro outra serie de cuestións, preguntas e demandas  de importancia e urxencia para os veciños/as. Estas son: 

1. DESPIDO IMPROCEDENTE DUNHA TRABALLADORA DO CONCELLO

Solicitamos explicacións sobre o despido improcedente que se ditou por sentenza e que vai supoñer para as arcas municipais máis de 7000 euros. Ante isto, preguntámonos:
– por que o goberno municipal non publicitou a praza?
– como é posible que este goberno do PP diga publicamente que supuxo un aforro para as arcas municipais se agora se vai gastar 7.325,15 €?.
Consideramos tan lamentable este feito que cremos que o Partido Popular debería asumir responsabilidades, e si, ata pagar eses cartos do seu propio bolsillo. Os veciñ@s non temos que asumir nin pagar as súas pésimas decisións.

2. ESCOMBREIRA NO POLÍGONO DE MIRALLOS
No entorno do Polígono de Miralles hai unha escombreira con todo tipo de materiais. Co agravante de que esa zona está clasificada como ZONA VERDE. Preguntámoslle ao goberno se ten que dicir algo ao respecto, e se lle parece unha boa xestión dos residuos.
3. AUSENCIA NA FEIRA DA CULTURA GALEGA (CULTURGAL)

Preguntamos porque non se preocuparon de asistir a un escaparate de grande importancia para o turismo e a cultura, a maior feira a este respecto no noso país. A presencia era GRATUÍTA. Non entendemos como poden deixar de lado isto e ir facer promocións turísticas a Sestao, na cal, por certo, se gastaron bastantes fondos municipais.
4. ORZAMENTOS PARA O ANO 2016?

Agora que xa non poden utilizar a mentira de que “a culpa é da oposición”, que discurso van inventar?. Os grupos municipais NON TEMOS NINGUNHA información a respecto de ningún proxecto nin idea para os orzamentos de 2016.
5. OBRAS NO PAVILLÓN “VELLO”

Solicitamos a este respecto explicacións urxentes no seu momento. O goberno municipal calou, non nolas deron e incluso nos despacharon no mostrador do concello por sacarnos de diante que xa nesa semana se decepcionaba. Como tantas outras veces pasou o tempo, pasou un mes e continuou a mesma cuestión.
Queremos, pedimos e esiximos que o goberno municipal do PP e a súa alcaldesa DEAN TODA A INFORMACIÓN DO QUE OCORREU. E que expliquen porque non se amañaron os vestiarios, que precisan dunha reforma digna. Doutra forma, teremos que considerar unha moción inmediatamente plantexando unha nova reforma integral.

6. ESTADO DA RÚA 7

Consideramos e expoñemos no pleno que o pintado da praza dos autobuses é bastante mellorable

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.