O noso voceiro Marcos Suárez, nas listas de NÓS-CANDIDATURA GALEGA

Veñen de presentarse as listas de NÓS-CANDIDATURA GALEGA para as eleccións do 20 de decembro. A candidatura NÓS nace despois dun longo proceso social para a construción dunha candidatura galega de unidade que tivese Galiza como único suxeito de referencia e un grupo parlamentario propio como obxectivo. Máis nada e, á vez, tanto. Para NÓS eran premisas irrenunciábeis, de lei, se a fin é que Galiza estea presente onde se toman decisións que tanto nos afectan. No camiño, con xenerosidade, fóron dándose pasos para o encontro. O BNG, a única forza á marxe do bipartidismo com representación en Madrid e que sempre concorreu ás eleccións con candidaturas de seu, manifestou desde o principio a disposición a renunciar á sigla propia para favorecer o proceso de unidade. O esforzo honesto que se fixo non foi correspondido por igual por todo o mundo, mais deixou á vista quen ten vontade de defender o país como único obxectivo e quen opta por subordinar Galiza a forzas estatais que marcan a súa folla de ruta. Mais na outra cara están todas aquelas persoas e organizacións (BNG, Coalición Galega, FOG, Partido Galeguista, PCPG) que decidiron sumar forzas en NÓS, que creron que o país merecía altura de miras e volveron estreitar as mans, a se encontrar no mesmo camiño, a sementar de novo ilusión porque, ben o sabemos, é moito o que está en xogo.

A deputada autonómica do BNG Carme Adán encabeza a lista por Pontevedra

12278650_508471129327278_3820379513531893745_n

 

A candidatura 100% galega, a única candidatura do País, NÓS-CANDIDATURA GALEGA tamén integra ao  noso compañeiro Marcos Suárez concretamente nas listas para Senado pola nosa provincia. Nesta ligazón podedes atopar a nosa candidatura ao congreso, e nesta ao Senado.  12278737_537743776375553_6583178185915441158_n

Adiante, coa forza do noso pobo!

Web: http://noscandidaturagalega.gal/

Facebook: Nós Candidatura Galega

Twitter: @noscgalega

#Gztenqueestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.