Información arredor do Pleno extraordinario 28 de xullo

O pasado martes 28 de xullo tivo lugar nas dependencias do concello un novo pleno extraordinario cos seguintes puntos na orde do día (na imaxe):image-0001 (1)
No tocante á nosa posición en cada unha dos puntos da orde do día, foi a seguinte:
Punto 1-.Abstivémonos no conta xeral do orzamento 2014
Punto 2-. Votamos  en contra para as bases das subvencións, pola contía escasa de 14000 €, que non resolven o potencial cultural e o traballo extraordinario que fan os colectivos e asociacións culturais.
Punto 3-. Votamos a favor das festividades locais 2015: 19 x Santa Xusta, e 13 d Santa Lucía
Punto 4-. Propuxemos  ao concello de Barro para ser o concello representante no Consello Territorial da propieade inmobiliaria
ROLDA DE INTERVENCIÓNS, PREGUNTAS E DEMANDAS
– Dende o BNG manifestamos  o malestar co goberno por non ter comunicado reparto de áreas de goberno, e ter que enterarnos disto polos medios de comunicación. Máxime se se ten en conta que o bng formulara a pregunta na anterior sesión plenaria e a resposta foi que non se fixera. Ademais, despois de telo dito publicamente o PP, agora confirman que non hai áreas de goberno, que as asume todas a alcaldesa e que so hai reparto para as comisión informativas
– Agradecemos así mesmo o convite para participar na Proxección turística de Sestao, aínda que quedou claro a intencionalidade do goberno de que non foramos por non ternos avisado en tempo e forma. E advertimos que revisaremos cada euro que se gastou dos cartos públicos nesa proxección turística.
– Preguntámoslle ao goberno e en particular ao “concelleiro de cultura” se se ten coñecemento e que “medidas” se adoptaron en relación á destrución de patrimonio etnográfico en Laxe, concretamente xunto á ponte Ximieira, debido a obras de saneamento. O concelleiro non sabía nada e a alcaldesa dixo que lle solicitaran un informe á empresa dos traballos e que lle requirirán o arranxo do lavadoiro
– Preguntamos tamén polo dispositivo de tráfico da Carreira Popular celebrada o 19 x, coincidindo coa Santa Xusta. Solicitámoslle que en vindeiras edicións se informe máis e mellor e se faga tamén unha planificación correcta do tráfico, sobre todo se coincide con festas de grande afluencia de xente.
-Solicitamos que se arranxen varias roturas na traída de auga municipal, pois non se lle pode pedir responsabilidade de aforro aos veciños e o concello non actuar nas roturas que producen grandes perdas de auga
– Preguntamos tamén cando se abrirá o prazo da de matriculación da Escola Municipal de Música. Abre o 3 de agosto o prazo. Comunicarase telefonicamente aos usuarios matriculados no curso anterior, e darase información na web e a través dun bando
– Solicitamos  balance da festa do carneiro, e pregunta se o goberno cree que adoptou as decisións correctas, sobre todo tendo en conta as previsións das condicións meteorolóxicas .
– Por último preguntamos por que  as máquinas non están traballando na variante de Rebón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.