Desenvolvemento do pleno ordinario do 4 de outubro

  1. Informámosvos do desenvolvemento dos 4 puntos da orde do día do pleno do pasado martes:

Punto 1. En primeiro lugar, aprobáronse as actas anteriores por unanimidade.

Punto 2. No referente ás subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro: Aprobáronse por maioría. Dende o BNG abstivémonos mantendo a posición da comisión xa que nos parece INSUFICIENTE a contía total destas axudas. Tamén valoramos no pleno a nosa opinión a respecto da reflexión que se debería facer sobre os obxectivos das axudas.

Punto 3. Axudas individuais a familias con fillos menores de 18 anos discapacitados: Apróbanse por unanimidade.

Punto 4. Modificación de crédito número 4/2016.  Apróbase por unanimidade. Dende o BNG mantemos a mesma posición que na comisión, considerando que sería mellorable pero as cuestións plantexadas (todas) son necesidades para mellorar a calidade de vida dos morañeses/as.

2. Intervención do BNG na rolda de rogos, preguntas e solicitudes:

– OBRAS EXECUTADAS POLA DEPUTACIÓN NO LUGAR DE CASTRO

Parabenizámonos polas obras executadas dentro do plan concellos da Deputación de Pontevedra no lugar do Castro, en Rebón. Consideramos que as obras quedaron ben en xeral, ao contrario que xusto antes das municipais de 2015, cando operarios da antiga Deputación ao servizo do PP foron tirar chapapote aos camiños de Castro, feito que as evidencias amosaron que non servíu para nada, só para demostrar unha vez máis a burda utilización de medios e fondos públicos para beneficio do Partido Popular.

A respecto desta obra lembramos a necesidade de continuar cun muro de contención e de poñer unha baranda protectora no anaco de muro feito, para protección de animais e persoas.

– PERFÍS DO CONCELLO NAS REDES SOCIAIS

Voltamos preguntar quen xestiona as redes sociais do Concello de Moraña, ao que a Alcaldesa resposta que ella, a animadora sociocultural e algún concelleiro. Curiosamente, unha resposta diferente á dada no anterior pleno (aquí tedes:

  • PINTADAS APARECIDAS NOS LUGARES DE AMIL E OUTROS

Preguntámoslle ao goberno municipal do PP que opinión lle merecen as pintadas que apareceron polas festas dos milagros alusivas ao BNG e feitas por un grupo de traballadores enchufados pola antiga deputación de Louzán. A alcaldesa afirma que condenan ese tipo de actuacións, cuestión que lle agradecemos e valoramos positivamente.

A respecto deste tema, interesámonos pola opinión que ten este goberno sobre o cobro indebido de dietas por persoal do parque de Maquinaria da Deputación, contestándonos a Alcaldesa que ella só resposta por “cuestións que pasen no concello de Moraña, e que en Moraña ninguén cobra dietas sen xustificar”. Esquécese que ella tamén era deputada provincial cando Louzán enchufou a estas persoas

 

  • UBICACIÓN DE ZONA DE CARGA E DESCARGA NA RÚA 6

Preguntamos tamén polas xestións feitas polo concello para ubicar a zona de carga e descarga na rúa 6 xa que solicitaramos esta cuestión no anterior pleno. A alcaldesa confirma que NON FIXO NADA dende a anterior sesión plenaria, ao que recriminamos a alta probabilidade de que ocorra un accidente debido aos continuos atrancos de vehículos. Emprazamos unha vez máis ao goberno municipal a traballar para resolver a ubicación de carga e descarga na rúa 6.

  • ILUMINACIÓN DA RÚA 7

Solicitamos explicacións pola pouquísima iluminación da rúa 7 debido á situación dos Carballos. O goberno municipal acepta a solicitude e confirma que se podarán os Carballos.

  • PROXECTO FANTASMA VINCULADO AO RÍO UMIA

O noso voceiro municipal tamén pregunta por un proxecto que se está a anunciar por canais oficiosos casa a casa da parroquia de Lamas, vinculado ao río Umia. O goberno municipal contesta que non hai ningún proxecto, o único que hai é unha idea pero que non hai “nada máis de momento”.

  • REPOSICIÓN DA MARQUESINA DE BAROSELA

Solicitamos a reposición da Marquesina de Barosela polo seu estado de abandono.

  • BOMBEO DE PORTAMÓS

Preguntamos se o bombeo de Portamós está rematado, ao que o goberno contesta que faltan “un par de detalles” e que se rematará pronto, e a partir de aí comunicarase ás casas a posibilidade de conexión ao saneamento.

  • SANEAMENTO NO APEDRADO

Preguntamos, unha vez máis, polo saneamento no Apedrado. O goberno municipal confirma que se priorizaron outros antes e recoñece que “sí que hai anos” que lles dixo aos veciños que o resolvería.

  • PROTOCOLOS DE ACTUACIÓN CASOS AVISPA ASIÁTICA

Preguntamos se hai protocolos de acutación ante os avisos de avispa asiática. Contesta que sí e que se tiñan 6 casos detectados e que se procedería a actuar.

  • XESTIÓNS ANTE MONBUS

Preguntamos se a Alcaldesa fixo as xestións ante Monbús (que prometera no pleno do mes de maio) ante a retirada de liñas de transporte. A alcaldesa confirma de novo no pleno que Non o fixo.

 

  • EXECUCIÓN DA SENTENZA POR DESPIDO PERSOAL DO CONCELLO

Preguntamos pola execución da sentenza que condenaba ao concello a pagar o despido de persoal laboral da piscina. Da conta o secretario municipal no pleno dicindo que pagarán cando lle solicite o xulgado a execución da sentenza.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.