Celebrado o pleno de xuño de 2014

O pleno celebrado onte á noite nas dependencias municipais comezou co acordo sobre a conxelación do prezo do lote do carneiro (será o mesmo do ano pasado) e tamén a apertura da piscina municipal para o 15 de xuño (informando tamén de que onte mesmo se producira a selección entre as ofertas presentadas para a súa concesión durante os vindeiros 3 meses).

                     

                                                 MOCIÓNS
Unha vez máis, e xa van moitas, o noso grupo foi o único que presentou mocións para debater e solucionar problemas e demandas dos veciñ@s. Dende o BNG-MORAÑA presentamos unha moción para a mellora do vial EP-0018 e que foi defendida polo noso por tavoz Marcos Suárez quen explicou o estado no que se atopa e lembrando que esta mellora é unha demanda veciñal fundamental xa que o estado da carretera continúa a constituír un serio perigo non só para veciños senón tamén para os usuarios da mesma. A moción, que se aprobou por unanimidade demanda o seguinte:

1. Solicitarlle ao Servizo de infraestruturas da Deputación de Pontevedra que revise a sinalización do vial EP-0018 e adopte e instale as medidas para mellorar a seguridade para os peóns.

2. Solicitarlle ao Servizo de Infraestruturas da Deputación de Pontevedra que estude a posibilidade colocar os pasos de peóns necesarios nas zonas habitadas.

Alén disto, dende o BNG presentamos por vía de urxencia unha moción contra a monarquía e a prol dun proceso constituínte de ruptura democrática ao abeiro de todo o que está a ocorrer estes días. Tedes toda a información ben detallada neste enlace do noso perfil do facebook . Cabe destacar que se ben, a moción non foi aprobada, consideramos moi positivo que se conseguise debater sobre este feito de actualidade e que quedase clara a posición de cada grupo político a respecto da forma de organización do estado e do papel da anacrónica monarquía.

                                 

                                          ROGOS E PREGUNTAS
Ante a solicitude da alcaldesa de que se lle enviasen as preguntas e rogos “por escrito” dende o BNG aceptamos e anunciamos que as presentariamos por rexistro canto antes agardando, iso si, unha resposta rápida e seria. O noso portavoz Marcos Suárez fixo un pequeno resumo no pleno das preguntas que presentaremos por rexistro entre as cales se atopan (enlace aquí).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.