Se es veciña/o de Moraña e estás contra a eliminación continuada de frecuencias e pola solución inmediata para a mellora de todalas liñas de transporte público no noso concello PODES ASINAR AQUÍ
(Dentro da ligazón, no formulario, cubrides co voso nome, apelidos e documento de identidade e a parroquia ou lugar do noso concello onde pertencedes e ao final facedes click no botón “enviar”) Escrito que presentaremos ante a empresa concesionaria das liñas de Autobús-—- Nos últimos 10 anos reducíronse en máis dun 50% as liñas de autobús de chegada ou saída no noso concello .A supresión hai uns días da frecuencia Santiago-Moraña-Pontevedra das 15:30h, feita de xeito fulminante e sen dar ningún aviso, é a última dunha longa lista de eliminacións de liñas de transporte público entre o noso concello e as dúas cidades de maior interacción para os veciñas/os de Moraña: Pontevedra, capital de provincia, e Santiago, capital de Galicia, cidades ás cales diariamente acoden persoas traballadoras, estudantes, veciñanza que se despraza a centros hospitalarios, veciñas e veciños que que precisan facer xestións ante a administración. É evidente que esta situación afecta gravemente á nosa veciñanza.Con isto, a día de hoxe só existen, de luns a venres, estas frecuencias de transporte público a Pontevedra e a SantiagoMoraña-Santiago: ás 7:05 e 15:30Santiago-Moraña: ás 12:00, 18:30 e 20:45 h
Cuntis-Moraña-Pontevedra: ás 7:15, 10:10 e 18:30 h
Pontevedra-Moraña-Cuntis: ás 12:15, 16:30 e 20:00 hAdemais, estes enlaces só se ofrecen durante a semana, de xeito que o sábado e o domingo non hai ningunha frecuencia de ida ou volta de Moraña a estas dúas cidades, polo que as persoas usuarias habituais de transporte público vense incomunicadas, por exemplo o alumnado universitario que se quere desprazar de ida ou volta ás cidades de estudo o sábado ou o domingo. Este colectivo é o máis prexudicado, xa que, por exemplo un estudante na cidade de Pontevedra, cuxo horario de saída do seu centro de ensino sexa na franxa das 14 h ás 15 h, verase obrigado a facer unha espera ata as 16:30 h por non ter un servizo máis próximo.
Neste mesmo sentido o estudantado da Universidade de Santiago de Compostela que os xoves e os venres se desprazaban de volta ás súas casas, viron como o autobús que saía de Santiago ás 15:30h foi eliminado sen ningún tipo de aviso previo, sendo esta liña a máis utilizada e demandada por este colectivo. Como mal menor, todos estes e outr@s veciñ@s usuarios vense obrigados a desprazarse cando mínimo a Caldas de Reis por ter unha frecuencia maior ,malia que tamén pequena, de horarios, cos trastornos que isto provoca.
Ante todo isto, dende o BNG de Moraña demandamos:
1. Que o goberno municipal de Moraña faga todas as xestións necesarias con carácter urxente ante os organismos competentes en materia de transporte público para o mantemento dos horarios do transporte público e as liñas de frecuencia axeitadas para os veciños e veciñas o noso Concello.
2. Que o goberno municipal de Moraña faga as xestións necesarias para estudar a implantación de servizos de transporte ás parroquias adaptados ás necesidades veciñais: citas médicas, días de feira, etc.
3. Da empresa concesionaria do servizo: a que atenda a esta demanda do conxunto d@s veciñ@s de Moraña e, no caso, acceda a manter unha reunión canto antes para estudar a situación e buscar alternativas para o mantemento e mellora das frecuencias de transporte público ao noso concello
————————————————————————-
Moción presentada polo BNG no rexistro do concello