Nacín na parroquia de Amil, pero actualmente vivo no Lugar de Mos, na parroquia de Saíans. Estou casado e teño 2 fillos. Son Enxeñeiro Agrónomo e Enxeñeiro Técnico en Industrias Agro alimentarias, e desenvolvo a miña actividade laboral na Xunta de Galicia.
Os compañeiros e compañeiras confiaron en mín para encabezar o proxecto político do BNG-Asembleas Abertas en Moraña, cuestión que asumo con ilusión, forza, compromiso e responsabilidade.
BNG-asembleas Abertas é a alternativa necesaria e certa para cambiar o rumbo de Moraña, porque depende de nós o ter un concello transparente, unha xestión pensando nas persoas e o ter políticas diferentes e transformadoras.
Para mín participar na candidatura do BNG-Asembleas Abertas é un orgullo, porque é o proxecto que defende as aspiracións futuras de Moraña e do noso país.
Moraña ten que fuxir con urxencia da política caciquil, da política populista e do amiguismo que se implantou polo goberno actual.
Creo na política participativa, no diálogo e nas cousas ben feitas. No BNG-AA temos un rumbo fixo para dirixir o futuro do noso pobo