Chámome Jose Luís, seguro que algúns me coñeceredes tamén por ser o fillo de Carmiña, a señora que vendía caramelos na casa a carón do colexio. Teño dous fillos e traballo na actualidade nunha industria da comarca.
O motivo principal polo que decidin ir na candidatura do BNG é que dende moi novo defendin o meu idioma alá onde fora, orgulloso sempre de ser galego. Ademais, creo firmemente que Marcos é o candidato que defenderá, xunto con tod@s nós, os dereitos de tod@s @s veciñ@s de Moraña.
Eu, estou moi ilusionado con este proxecto, e estou convencido de que este grupo de persoas que formamos a candidatura do BNG traballaremos moito para estar á altura e gañar así a confianza dos veciños/as