A J.E.C. borra ao BNG dos informativos da CRTVG

STOP censura

A Xunta Electoral Central dálle a razón a UPyD e borra ao BNG dos informativos dos medios de comunicación públicos galegos, -RTVG-, onde tiña asignados 27 segundos dentro do espazo de cinco minutos que a TVG e RG adican ás eleccións europeas en cada telexornal e informativo radiofónico, seguindo o plan de cobertura informativa das eleccións europeas 2014aprobado polo Consello de Administración do ente público.

Con esta decisión, a Xunta Electoral Central amordaza definitivamente ao Bloque Nacionalista Galego e silencia tamén aos 103.724 galegos e galegas que votaron esta opción política nos comicios europeos de 2009, argumentando que eses sufraxios non deben ser tidos en conta debido ao cambio de coalición electoral e, a efectos de cobertura informativa nos medios públicos, o BNG debe recibir o mesmo trato que se nunca se tivese presentado.

Sen embargo, as formacións ERC, Aralar e EA, socios do BNG la coalición coa que se presentou en 2009 ás europeas,- contabilizan os votos obtidos nos seus respectivos territorios e, por tanto, teñen a cobertura que lles corresponde nos medios públicos de Catalunya e Euskadi.

A supresión do BNG dos informativos dos medios públicos galegos súmase á outra decisión do XEC na que tamén se discrimina a candidatura que encabeza Ana Miranda nos espazos electorais gratuítos da RTVG, onde recibe 10 minutos, fronte aos 15 minutos de UpyD, pese a que a formación de Rosa Díez con 14.428 votos (1,24%), é irrelevante en Galiza desde o punto de vista do apoio social.

O BNG xa anuncia accións legais e mañá realizará un acto de protesta na praza do Obradoiro en Santiago de Compostela.

Máis información aquí 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.