Coincidindo coa campaña electoral, tamén estamos a repartir este boletin onde resumimos o que foi o noso traballo na oposición estes catro anos, unha oposición construtiva pero firme e coherente na que presentamos 48 propostas para a mellora da calidade de vida dos veciños, dos nosos servizos públicos e equipamentos e outras moitas cuestións que nos afectaban na vida diaria e máis de 200 iniciativas, demandas e preguntas da veciñanza. Tamén estivemos na rúa, con dúcias de charlas para a veciñanza sobre diversos temas así como estivemos en tódalas parroquias recollendo propostas e escoitando aos nosos veciños/as en asembleas abertas.