O “Calentón desafortunado” que non foi tal. (novas imaxes)

O “CALENTÓN DESAFORTUNADO” QUE NON FOI TAL:
 
 
O “calentón desafortunado”, frase coa que a Alcaldesa de Moraña quería agochar e minimizar este gravísimo feitos non foi tal. Como puidestes comprobar onte, o vergoñento comentario machista de Jorge Caldas foi escrito o pasado venres e eliminado aínda onte á tarde. Curioso calentón o que dura 4 días, e que casualmente remata cando o BNG fai a denuncia pública.
 
Ademais, este “calentón” estaba precedido de outros gravísimos insultos tamén á presidenta da Deputación como podedes ver nesta primeira imaxe, e incluso do lamentable aval en forma de “gústame” no Facebook a unha publicación denigrante chea de insultos e vexacións machistas. Jorge Caldas non só non reprendeu e condenou estas actitudes, senón que AVALOU coa súa acción uns comentarios inadmisibles.
 
Pero máis patética é a escusa da Alcaldesa con Jorge Caldas dicindo que estaba “desgustado xa que é un afeccionado ao motor”. Non se pode aceptar de ningunha das maneiras que alguén, ademais sendo concelleiro de Igualdade se adique a insultar ás mulleres cando se “desguste”.

Un comentario en “O “Calentón desafortunado” que non foi tal. (novas imaxes)”

  1. Unha cousa chama a atención. Se tan afectado está o PP local pola conducta reprobable do teniente de alcalde e concellal de igualdade (¡canta ironía ten a vida!), e xa que este dimitiu do seu cargo municipal, por qué non amosa ese compromiso coas políticas de igualdade abrindo expediente de expulsión o mencionado militante do partido como exemplo caro de que o machismo insultante non te cabida nese partido democrático.???

Deixa una resposta a Xan Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.