4. MARIÑA BÚA GONZÁLEZ

Mariña Búa GonzálezChámome Mariña, son veciña de Santa Lucía e teño 22 anos. Actualmente son estudante en prácticas de Farmacia, na Farmacia Hospitalaria de Montecelo.

O porqué de formar parte da candidatura do BNG-Moraña para min é algo moi claro, xa que esta organización se caracteriza por iniciativa, esforzo e traballo en equipo, o cal dende o meu punto de vista son as claves para o éxito.

Nin que dicir ten que o BNG defende a todas as galegas e galegos, e a esa mocidade que no día de hoxe se ve obrigada a coller avións con destino Suíza, Holanda, Reino Unido… e non precisamente por viaxe de ocio, senón para buscar un traballo que na súa terra non se lle ofrece.

Estou plenamente convencida de que o BNG nos ofrece un proxecto político que dá a solución a moitos dos problemas que na actualidade hai en Moraña. E isto conségueo gracias ao esforzo deste colectivo de persoas, pois o éxito non se logra coa sorte, senón que é o resultado do traballo, duns obxectivos claros e dunha determinación firme.”

Un comentario en “4. MARIÑA BÚA GONZÁLEZ”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Web do Bloque Nacionalista Galego de Moraña