11. DIEGO A. OLIVEIRA ABOI

c11Chámome Diego, vivo no Calvo (Rebón), son estudante de último ano da Enxeñaría de Minas e represento ao estudantado mediante a Delegación de Alumnos. Tamén colaboro con diversas asociacións de Moraña como O Petouto.

Como todos os mozos/as na miña situación, non sei se poderei traballar na miña terra ou terei que emigrar. Esa é unha das cousas polas que son do BNG, somos dos poucos que cremos nas posibilidades económicas de Galiza. Polo tanto, vivindo nunha terra tan rica, porque @s moz@s non podemos aplicar os nosos coñecementos adquiridos para mellorar o desenvolvemento de Galiza?.

Vou na lista para as municipais do BNG-Asembleas Abertas porque penso que todo se comeza a construír dende a base, e esa base son os Concellos, onde se está máis preto das necesidades dos veciños. Vou na lista para cambiar este sistema que favorece só a uns poucos e do que estamos todos fartos. Vou na lista porque o Concello de Moraña merece un cambio para que dunha vez se poidan facer as cousas ben e con criterio. E por suposto, fago parte desta lista porque este é un equipo de persoas comprometidas, responsables e traballadoras que traballarán sempre polo benestar dos veciños e o futuro do noso concello.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Web do Bloque Nacionalista Galego de Moraña